selección galega

undefined
DEPORTES

O secretario xeral para o Deporte négase a avanzar na constitución de seleccións galegas

Para o organismo, "non deixa de ser preocupante o desleixo e despreocupación da Xunta da Galiza para que no deporte poidamos amosarnos como nación que somos".
Tanto a nivel de clubs como de seleccións, o poderío da Galiza no fútbol gaélico é incuestionábel. Na imaxe, as xogadoras do conxunto coruñés Fillas de Breogán alzan o título que as recoñece como vencedoras na Copa Intermediate do Campionato Paneuropeo (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Fútbol gaélico, o deporte no que a Galiza compite oficialmente"

Cando alguén dubide de que a Galiza, se lle desen a oportunidade, podería chegar a competir con éxito en calquera modalidade deportiva, débese aducir sempre o exemplo do fútbol gaélico, no que a selección galega leva xogando en pé de igualdade con Irlanda, Francia ou Arxentina desde hai xa máis dunha década.
As rúas das diferentes capitais galegas levan décadas acollendo manifestacións reivindicando a oficialidade dos combinados nacionais galegos (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Dereito a competir"

A oficialidade e o dereito a competir internacionalmente por parte das seleccións deportivas galegas é unha vella reivindicación da sociedade, xa sexa a través de manifestacións nas rúas, con accións culturais ou na área política, nun movemento que se inicia hai medio século e que medra exponencialmente da man do Bravú nos anos 90. O seu obxectivo? Visibilizar unha dramática realidade e adquirir os mesmos dereitos cos que contan noutras nacións sen Estado do planeta como Escocia e País de Gales, ou mesmo en territorios como Xibraltar, as Illas Feroe ou Anguila.
As selección galegas en xeral, e a de fútbol en particular, levan décadas sendo obxecto de reivindicación por parte da inmensa maioría da sociedade galega. (Foto: Nós Diario)
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña, entre o desleixo e a ilusión (II)"

Soñar cunha posíbel convocatoria da selección galega de fútbol no día de hoxe leva irremediábelmente a pensar neses fermosos paxaros aos que lles rompen as ás cando son apenas uns pitiños para que non poidan voar cando medren, pois o nivel da actual xeración de estrelas do país aumenta a sensación de que a súa eliminación en 2009, após chegar o PP ao Goberno da Xunta, supuxo unha barreira ao seu crecemento que tardará anos en ser superada.
Arriba: Diego López, Borja Fernández, Rubén González, Capi, Nano. Abaixo: Julio Álvarez, Pablo Álvarez, Juan Cabrejo, Roberto Losada e Xurxo Otero. Estes once homes xa forman parte dos libros de historia como os titulares no regreso da selección galega despois de case 70 anos de 'longa noite de pedra' (Foto: Cortesía de El Correo Gallego).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña (I)"

A selección galega de fútbol celebra o seu centenario neste ano 2022. A 100 anos vista do seu nacemento, moito cambaron as cousas desde que os Otero, Pasarín, Balbino e compañía vestiran por vez primeira unha camisola por aquel entón integramente azul até que, con Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez formando equipo no banco como símbolo de unión das dúas Galizas futbolísticas, económicas, sociais e mesmo emocionais a Irmandiña protagonizase un espectacular regreso despois de case 70 anos a inesquecíbel noite daquel 29 de decembro de 2005.
O xornalista Héctor Pena na Coruña (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Héctor Pena: "A muller leva o peso dos logros no deporte galego"

Nós Diario lanza, en colaboración coa plataforma social Vía Galega, un novo coleccionábel que leva por título 'Historia inacabada do deporte galego'. O seu coordinador e responsábel de deportes do xornal, Héctor Pena, debulla nesta conversa este traballo e apunta algunhas cuestións de futuro para o deporte galego.
Deportistas, entidades e organizacións arrouparon a iniciativa de entrega das sinaturas de Vía Galega no Rexistro Xeral da Xunta (Foto: Arxina).
DEPORTES

Máis de 4.300 sinaturas reclaman seleccións galegas

A Plataforma social Vía Galega entregou esta quinta feira no Rexistro Xeral da Xunta en Compostela as sinaturas de apoio ao manifesto 'Galiza, un pobo, unha selección' acompañadas dunha carta dirixida a Alberto Núñez Feixoo. No acto participaron deportistas e representantes de varias organizacións e entidades do país.
A Irmandiña, que regresou tras varias décadas de ausencia en 2005 (na imaxe) disputou o seu primeiro encontro hai 100 anos, en 1922.
DEPORTES

Revisitando a 'Historia inacabada do deporte galego'

'Nós Diario' lanza un novo coleccionábel co gallo do centenario da selección nacional

Nación, deporte e selección

A Irmandiña, CRAT da Coruña, Muralla de Lugo e Xixón son os escudos que San Martín ten defendido. (Foto: Diego Dolan).
DEPORTES

Alicia San Martín: "O profesionalismo no rugby feminino é unha entelequia"

Conversar con Alicia San Martín (Ferrol, 1994) é facelo cunha persoa consciente da realidade "non do rugby, senón de calquera deporte minoritario e feminino", na que a idea de recibir unha máis que merecida recompensa económica polo esforzo dedicado a un deporte tan físico e técnico como o rugby semella utópica.
Aspecto dos paneis da mostra após o acto vandálico (Foto: Diario de Lemos).
DEPORTES

Vándalos estragan en Lugo a exposición de Vía Galega 'Un pobo, unha selección'

"Estes actos inxustificábeis amosan o que traen os discursos de odio, que non toleran o diferente e responden con violencia a calquera actividade ou opinión distinta á súa", sinalou o responsábel de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, ao que se uniu Vía Galega, entidade organizadora da exposición.
As tres representantes do país finalizaron no 'Top-25'. (Foto: FGC).
DEPORTES

Galiza pon un pé na elite do ciclocrós planetario

Digno estreo das corredoras  galegas no Mundial
Paneis da mostra situados na praza de San Marcos de Lugo (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

"Un pobo, unha selección": inaugurada en Lugo a mostra que reivindica o deporte galego

A exposición visitará unha trintena de municipios ao longo do ano co gallo de reivindicar o dereito da Galiza a competir en torneos internacionais, un dereito que xa teñen recoñecido outras nacións sen Estado como Escocia ou Gales.
A escuadra galega competirá polo título con outros 13 equipos. (Foto: RD Irmandiñas).
DEPORTES

Nace o 'Team Galiza' de roller derby para competir na Liga Nacional

A escuadra galega terá que loitar con outros 13 equipos de todo o Estado.
fernwnando vazquez
DEPORTES

Referentes do deporte galego reclaman o dereito de Galiza a competir coas súas seleccións

Vía Galega presenta un documental dentro da campaña "Galiza, un Pobo, unha selección".

 

himno seleccipons via galega
DEPORTES

“Na Galiza temos claro: un pobo, unha selección”: presentan o himno das seleccións galegas

Impulsado por Vía Galega e coa participación de28 músicos e artistas. Vídeo no interior.

A selección galega (RFGF)
DEPORTES

A Galiza xa coñece os rivais na fase intermedia da Copa das Rexións UEFA

A 'Irmandiña' entrará na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA e compartirá grupo cos representantes de Hungría, Eslovenia e Suíza. 
Xela Martínez lidera á Irmandiña. (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

A selección galega de atletismo entra en acción no Estatal Sub-16 e Sub-18

O obxectivo e conseguir un posto no podio
O pavillón Paco Chao do Carballiño acolle a partir das 19.45 horas un encontro entre as xogadoras da Irmandiña e do Carballiño. (Foto: Futgal).
DEPORTES

Volven as seleccións de fútbol sala Sub-19

Os combinados masculino e feminino disputan hoxe senllos amigábeis
Un sector non pequeno das afeccións galegas sempre axita a bandeira da Patria para tratar de animar os seus futbolistas
star
Reportaxes

Catalunya. Un espello para o fúbol galego?

O fútbol é un dos piares nos que se sostén o movemento independentista en Catalunya, onde o compromiso do primeiro equipo do país (Fútbol Club Barcelona), da Federación Catalá de Fútbol, da súa selección nacional, de figuras de primeira orde en activo ou xa retiradas, como Piqué, Pep Guardiola ou Xavi Hernández, e mesmo dun sindicato de futbolistas configuraron un panorama que dista radicalmente do que acontece na Galiza, onde unicamente os e as seareiras desde as bancadas reivindican Galiza como nación.