Sergas

enfermeiras
SOCIAL

A Xunta estende ás enfermeiras o ‘contrato de estabilidade’ do Sergas que rexeitou o persoal médico

Sindicatos como a CIG denuncian que supón máis “precariedade laboral” e colectivos como Enfermeiras eventuais en loita din que o contrato que Feixoo anuncia como “un oasis no medio do deserto cando na realidade é un simple espellismo”.

 

Hepatite C
POLÍTICA

Un dos imputados por atrasar fármacos da hepatite C, novo xerente do Sergas en Ourense

Félix Ruibal, quen fora director de Asistencia Sanitaria e unha das persoas imputadas por homicidio imprudente por atrasar fármacos da hepatite C “con razóns orzamentarias” a seis pacientes que faleceron, é nomeado xerente do Sergas en Ourense.

121226 sergas 03c
SOCIAL

“Non sempre hai contratación fraudulenta”, di unha responsábel do Sergas

Malia a polémica crecente coas listaxes de contratación do Sergas, a directora xeral de Recursos Humanos do servizo, Margarita Prado, pon de manifesto que “non sempre hai contratación fraudulenta” en relación á concatenación de contratos.

informeconsentementoinformado--1024x768
Discriminación lingüística no Sergas

"Avisei semanas antes de dar a luz que non ía asinar un consentimento que non fose en galego"

É relativamente habitual que a información que o Servizo Galego de Saúde ofrece ao doente estea "por defecto" en castelán, unha realidade constatábel en boa parte dos centros médicos do país. Mais tamén é certo que é un dereito básico da cidadanía recibir esas comunicacións en galego se así o solicita. E a propaganda do Sergas a este respecto dá a entender á opinión pública que non existe impedimento de ningún tipo para que así sexa. 

Folga da Atención Primaria
Sanidade pública

Éxito da folga da Atención Primaria

As e os profesionais convocantes da folga da Atención Primaria valoran como un éxito o seu seguimento e consideran que o paro acadou unha "repercusión masiva" ficando os centros de saúde baleiros nas áreas máis poboadas da Galiza. Desde a Asemblea de Áreas Sanitarias, convocante dos paros, resaltan tamén a grande participación da manifestación celebrada en Compostela.

folga atención primaria vigo
Produto das comisións sectoriais

A CIG e SOS Sanidade Pública dan tres meses ao Sergas para que aplique os acordos en Atención Primaria

Se en tres meses o Sergas non aplicou as medidas vinculantes acordadas nas comisións sectoriais para “mellorar a Atención Primaria”, volverán as mobilizacións. Así o advertiron na mañá desta sexta feira a CIG e a plataforma SOS Sanidade Pública, para as que en outubro o traballo dos citados organismos deberá xa dar froitos.
 

Parlamento de Galicia
Sanidade pública

O PP rexeita unha moción de En Marea para a reformulación da atención primaria

O Parlamento de Galiza rexeitou cos votos das e dos deputados do Partido Popular unha moción presentada por En Marea que incluía unha batería de 35 medidas destinadas a reformular o plan de atención primaria da Xunta de Galiza.

[Imaxe: Galiza Contrainfo] Manifestación da sanidade en Compostela
Terza feira 21 de maio

Marcha de traballadoras precarias do Sergas

A conflitividade na sanidade pública galega non enfría. Mentres o persoal dos PAC, en folga indefinida desde xaneiro, convocou para esta segunda feira unha vixilia contra os recortes, traballadoras e traballadores eventuais chaman a unha marcha de protesta a terza, 21 de maio.
 

SOCIAL

Aviso do persoal de Atención Primaria ao Sergas: “Se non hai avances, retomaríase a folga”

“A experiencia mostra que o Sergas pode ter a tentación de non poñer en marcha as medidas [acordadas de negociar], polo que é necesario manter a unidade e a mobilización”, advirten desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

Pacs en pe de guerra
Sanidade

PACs en pé de guerra critica “a cerrazón” do Sergas

O colectivo PACs en pé de guerra transmitiu publicamente a súa indignación polo trato dado ao seu comité de folga na reunión mantida coa Consellaría de Sanidade. Acúsana de non querer escoitar ao comité e de non consideralo como “lexítimo representante” das traballadoras e traballadores.

feixoo xunta sanidade saude foto da xunta
SOCIAL

Galiza é o territorio onde máis aumentou a partida para concertos coa sanidade privada

Incrementou en 0,4%, unha porcentaxe só igualada polas Baleares. Nas outras autonomías o aumento foi menor ou mesmo houbo unha redución neste tipo de partidas. 62% dos hospitais que hai en Galiza son privados, a cuarta maior porcentaxe de todo o Estado.

Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

En risco de ficar en cadeira de rodas por un ‘via crucis’ sanitario

Unha muller de Quiroga con doenza incapacitante denuncia os cambios e retrasos “sen explicación nin xustificación” de citas.

sergas
Denuncia da Mesa

Os consentimentos informados do Sergas, só en castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer o caso dun vigués ao que se lle impediu acceder a un consentimento informado para unha intervención cirúrxica en galego.

Movemento galego de saúde mental
SOCIAL

O Sergas ten un déficit de 40% na dotación de persoal que atende á saúde mental

 Todas as profesións están infradotadas, con 27% en traballo social, 33% en terapia ocupacional, 49% en enfermaría e celadores, 54% en psicoloxía clínica, 68% en psiquiatría, ata o 85% en técnicas en coidados auxiliares de enfermería. Son as conclusións dun informe do Movemento Galego da Saúde Mental.

[Imaxe: Cedida] Xefes de servizo de Vigo
Despois de que Sanidade non aceptase a renuncia

Dimisión “irrevogábel” de 23 das 25 xefaturas de servizo da área sanitaria de Vigo

Após o Sergas non aceptase a dimisión da práctica totalidade das xefaturas de servizo e unidade da área sanitaria de Vigo, as persoas responsábeis dos centros de saúde volven renunciar. E fano, din, de maneira “irrevogábel”.

Sergas
SOCIAL

Condenado o Sergas pola morte dun home ao que demorou o diagnóstico

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Compostela vén de condenar o Sergas indeminzar a familia dun home de 70 anos que morreu dun tumor despois de que a revisión das probas que llo diagnosticaron tradase case un ano.
 

capela hospital igresa sanidade saude
Aumento de 5% nun lustro

O Sergas gastará este ano máis de 670.000 euros en cregos para a sanidade pública

Os efectos da política de recortes en sanidade que deteriora e precariza áreas como Atención Primaria, Pediatría, Urxencias ou Psiquiatría non afecta aos servizos relixiosos nos hospitais públicos e concertados de Galiza. A partida para capeláns aumenta ano tras ano:  54.000 euros mensuais en 2019 para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa en centros sanitarios públicos.

sinaturas medicos primaria coruña
A Coruña

Sinaturas de profesionais sanitarios contra a masificación de cotas e consultas

Un total de 280 sinaturas recollidas en 35 centros de saúde da área sanitaria coruñesa para demandar máis persoal e medios e unha aposta na Atención Primaria.

Sergas
"Tes que pór acento paleto", díxolle

Un médico do Sergas a unha paciente: “Non fales en galego”

Chegan a unha consulta do seu médico de cabeceira do Sergas e este dilles “Non fales en galego, que o falas fatal”, “Nótase o teu acento de cidade” ou “Tes que pór acento paleto”. Non é brincadeira de ningún tipo, aconteceulle a unha veciña de Vigo de 29 anos que vén de solicitarlle ao Sergas o cambio de facultativo.

Sergas
SOCIAL

Sergas admite que contrata médicas e médicos de familia e pediatras sen a titulación

Denunciárao o sindicato CESM, que lembrou que ter a especialidade é “requirimento imprescindíbel” para poder exercer nestas áreas.