Sergas

A pesar da alerta por coronavirus, Feixoo convoca oposicións ao corpo de profesorado para o 20 de xuño
LINGUA

A Mesa lembra ao Sergas que ten que garantir os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes

O Sergas pretende que na inscrición das oposicións se escolla a lingua do exame

[Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
SOCIAL

“É inxustificábel que o Sergas pague cregos mentres recorta persoal sanitario”

Profesionais e colectivos de defensa do sistema de saúde público consideran "incomprensíbel" que o Sergas destine 659.000 euros a pagar cregos mentres na sanidade pública falta persoal e medios. Os servizos relixiosos, explican, entran na dimensión persoal e privada de cada quen e non deben ser sufragados con diñeiro de todos e todas. “Destinan 659.000 euros a cregos mentres xustifica recortes de persoal sanitario co argumento de que non hai cartos”.

igrexa capela sanidade hospital
SOCIAL

O Sergas gastará este ano máis de 54.000 euros ao mes en cregos

A partida de case 659.000 euros para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados de Galiza figura como "servizos relixiosos" en “atención especializada”.

As 17 mentiras de Feijóo en Sanidade

Enfermeira
SOCIAL

O Sergas estuda ampliar a vida laboral dos profesionais a 68 anos ante a falla de persoal

Afírmao CIG-Saúde.

Clinico
SOCIAL

O Sergas recoñece que fechará 140 camas no CHUS durante o verán

A área de xestión sanitaria integrada de Santiago, que atende unha poboación superior a 450.000 habitantes de 47 concellos, prescindirá de 12% das camas hospitalarias durante os meses estivais, segundo admitiu o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña.

[Imaxe: Médicos del Mundo/Alessandro_Grassani]
Premio Johán Carballeira de Xornalismo

O apartheid sanitario na Galiza

Aínda que a lei contempla casos en que a atención sanitaria debe estar garantida tamén para persoas inmigrantes en situación administrativa irregular –asistencia ao embarazo, parto e postparto, coidados a menores ou tratamentos por enfermidade grave ou accidente-, as trabas impostas polo Sergas dificultan o cumprimento da normativa.

feijoo xunta cregos ofrenda
POLÍTICA

O PP veta que a partida para pagar cregos se destine a contratar persoal sanitario

Tirou de maioría para manter ese diñeiro público para pagar 52 sacerdotes no servizo público de saúde galego. 

camassergas3
POLÍTICA

A Xunta destina 650.000 euros para contratar 52 sacerdotes no Sergas

O PSdeG presenta una iniciativa para que ese servizo non se financie con diñeiro público.

Ana Pontón e Luís Villares
O BNG pide que compareza Feijóo

En Marea e o BNG esixen a destitución dos cargos do Sergas imputados por homicidio

Tanto En Marea como o BNG consideran que a gravidade dos feitos polos que se imputan os cargos do Sergas pola súa xestión nos tratamentos da hepatite C esixe a destitución inmediata dos afectados.

SOCIAL

Silencio do Sergas sobre o recurso contra a sentenza do caso da muller que enviou a abortar a Madrid

“Non imos dar declaracións nin facer ningunha valoración ao respeito”. Así se pronunciou a Consellaría de Sanidade a respeito da presentación, por parte da compañía aseguradora, dun recurso contra a sentenza que condena o Sergas a pagar 273.139,82 euros logo de derivar un aborto a Madrid.

Hospital da Costa de Burela. (Foto: Elisardojm)
Abortos

A aseguradora do Sergas recorre a sentenza do caso da paciente que enviou a Madrid a abortar

A compañía de seguros Zurich vén de presentar un recurso contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo que condena o Sergas a aboar 273.139,82 euros a unha paciente que derivou a Madrid a abortar un feto inviábel na semana 32 de xestación. Paula (nome ficticio), cuxa vida correu un grave risco, sufriu a perda do útero.

burela
O Sergas, condenado

Afirman que no Hospital de Burela xa se negaran a practicar un aborto anterior

Francisca Fernández Guillén, avogada de Paula (nome ficticio), a muller que deberá ser indemnizada con 270.000 euros polo Sergas debido aos danos causados após derivala a abortar a Madrid, asegura que o caso da súa defendida non foi o único que aconteceu no Hospital de Burela.

portada
Sermos Galiza 218

Unha bebé de orixe romanesa, sen acceso á sanidade durante 4 meses

O Sergas tardou catro meses e medio en resolverlle a cobertura sanitaria a unha bebé de orixe romanesa malia a súa condición de menor (a lei garante a atención a menores con independencia da situación administrativa en que se atopen). Publicamos un avanzo dunha reportaxe que poderás ler íntegra no novo número de Sermos Galiza.

Sergas
SOCIAL

Condenan o Sergas por graves danos a unha paciente que enviou a Madrid a abortar

O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo vén de condenar o Sergas por “expoñer a un risco vital elevado” a unha paciente após derivala a Madrid para abortar nunha clínica madrileña, onde finalmente perdeu o útero e a posibilidade de ser nai biolóxica.

Faixa SOS Sanidade Pública en Ferrol (Suso Pazos)
Denuncia recortes no verán

SOS Sanidade Pública advirte do transvasamento de doentes de Pontevedra a Santiago

A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia a “terríbel situación que están a sufrir pacientes da área norte de Pontevedra obrigados a se tratar no servizo de Cirurxía Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela”.

sergas
Denuncia de CIG-Valdeorras

“O Sergas fai contratos falsos ao persoal”

CIG-Saúde da área do Barco de Valdeorras vén de denunciar publicamente o que entende que é unha actuación ilegal do Servizo Galego de Saúde na comarca en relación á contratación.

camassergas2 (1)
SOCIAL

A provincia de Lugo fica sen a metade das camas de cirurxía no verán

sergas galego
LINGUA

Sergas atribúe a prevalencia do castelán nas súas oposicións a que había persoas doutros territorios

O exame das oposicións podíase facer en galego ou castelán. En caso dalgunha anomalía, “erro tipográfico ou de transcrición”, nas instrucións da proba indicábase que o texto de referencia é o redixido en español. O Sergas xustifica a observación na pfresenza de aspirantes doutras autonomías. Política Lingüística considera que non houbo intencionalidade discriminatoria.

sergas galego
LINGUA

Nas oposicións ao Sergas o castelán prevalece sobre o galego "a efectos da comprensión lóxica"

O exame das oposicións que esta fin de semana tiveron lugar en Silleda podíase facer en galego ou castelán. Mais en caso dalgunha anomalía, “erro tipográfico ou de transcrición”, nas instrucións da proba indícase que o texto de referencia, en caso de dúbida, é o redixido en español.