Sergas

coru
SOCIAL

O Sergas admite un seguimento da folga na sanidade moi superior a greves anteriores

Ao non contabilizaren os servizos mínimos, desde a consellaría de Sanidade ofrecen como dado o 21,85% de seguimento a nível nacional e de entre o 12 e o 36% dependendo da área sanitaria. En greves anteriores tiña recoñecido unicamente entre un 3 e un 5% de participación. Os sindicatos convocantes --CIG, CC.OO., CESM e O'Mega-- cifran o seguimento por riba do 80%.

SOS Sanidade pública
Galiza

Denuncian que o Sergas deriva doentes da Mariña a hospitais privados de Lugo

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública denuncia que o Sergas continúa a promover a sanidade privada derivando, neste caso, doentes da Mariña para facer probas diagnósticas a hospitais privados de Lugo, en concreto, ao Polusa. 

A sanidade pública, no albo
SOCIAL

Folga xeral de 48 horas no Sergas na defensa da sanidade pública

CIG e CCOO chaman á cidadanía a apoiar esta mobilización os días 9 e 10 de decembro. “Temos que impedir que fagan da saúde un negocio para a privada”.

Yolanda Díaz
POLÍTICA

Yolanda Díaz pergunta a Feijóo se chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixese a autopsia ao chófer Manuel Cruz

A vice-voceira de AGE interpelou o presidente da Xunta para lle exixir que "nos diga a verdade" a respeito da súa relación con Marcial Dorado e o testaferro deste, Manuel Cruz. Yolanda Díaz denunciou que a documentación achegada polo executivo galego en relación cos contratos con empresas do narco son unha "trapallada"

POLÍTICA

A Xunta resístese a pór a disposición do Parlamento os contratos de Dorado co Sergas e Portos de Galiza

Após dez días de ter sido solicitada a documentación, a Xunta opta por unha comparecencia oral en troca de pór a disposición do Parlamento os contratos asinados polo Sergas e Portos de Galiza con empresas do narcotraficante Dorado

POLÍTICA

CxG continúa a ver "indicios fiábeis" de contratacións do Sergas a Dorado cando Feijóo era o nº2

A formación que encabeza Xoan Bascuas mantén que empresas vinculadas ao narco forneceron combustíbel a hospitais de Pontevedra "entre 1991 e 1996", cando o actual presidente da Xunta era secretario xeral do departamento que depende da consellaría de Sanidade

SOCIAL

Doentes pagarán por adiantado as consultas e intervencións que o Sergas derive á privada

“De escándalo”. Así cualifican sindicatos e colectivos a idea da Xunta de que @s pacientes adianten os cartos daqueles servizos da sanidade privada aos que sexan derivados polo Sergas. Iso si, o Servizo Galego de Saúde comprométese a reembolsar os cartos

Cartaz Hospital da Costa
SOCIAL

O Sergas desminte ao PP da Mariña: o Hospital da Costa non terá servizo propio de oncoloxía

Atenderanse as necesidades, mais non será cunha unidade de quimioterapia de seu, como prometeran rexedor@s do PP, senón con especialistas que se desprazarán desde Lugo até Burela
SOCIAL

O Sergas segue a negar a atención sanitaria a inmigrantes grávidas e a menores de idade

Denúnciano Foro galego de inmigración, Médicos do mundo, SOS Sanidade pública, Asociación galega de medicina familiar e Fundación Juan Soñador nun comunicado conxunto en que exixen que o decreto da Xunta para persoas en situación irregular se prolongue máis aló dos seis meses iniciais "até que non se derrogue o RD 16/2012"
Eva Solla
POLÍTICA

AGE reclama que o Sergas deixe de lle pagar as nóminas a 53 sacerdotes católicos

Unha proposición non de lei presentada no Parlamento galego pola deputada Eva Solla exixe que os 800 mil euros anuais destinados á asistencia relixiosa nos hospitais do País "se encamiñen a outras necesidades" da sanidade pública
SOCIAL

El Jueves mete o investimento do Sergas nas nóminas de cregos no saco dos desbaldimentos

El Jueves recolle a información publicada por Sermos Galiza no seu semanario número 32
SOCIAL

Exíxenlle ao Sergas que non destrúa a única praza de xinecólog@ nun centro de orientación da Coruña

Centos de persoas protestaron diante do COF do Ventorrillo contra a decisión da Xunta de amortizar a praza de xinecoloxía após a xubilación do profesional que prestaba este servizo. Ven na medida máis un ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres
SOCIAL

Traballador@s do Sergas péchanse nos hospitais contra o recorte nos soldos e no orzamento

As accións de protesta arrincaron en Ourense, A Coruña e a Barbanza con peches de 24h e performance para visibilizar a rebaixa salarial, que pode chegar até o 8%. O día 7 continúan en Ferrol, Monforte, Pontevedra e Cee
POLÍTICA

Carmen Acuña: "O convenio Sergas-Igrexa non sei se debe ser suprimido, mais debe ser revisado"

A consellaría de Sanidade destina unha partida orzamentaria anual de 800 mil euros a pagar as nóminas de 53 capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos da Galiza. Sobre esta cuestión preguntou o PSOE no Parlamento na lexislatura pasada. Nesta volverá facelo
SOCIAL

A ''xestión responsábel'' do Sergas deixará máis de 3 mil profesionais sanitari@s na rúa

A Lei de Orzamentos da Xunta dispón que de cada 10 prazas vacantes só se cubrirá unha, a mesma taxa de reposición que está agora vixente e que carrexou xa milleiros de despedimentos. Sanidade presume de eficiencia
SOCIAL

O Sergas gasta 50.000 euros ao mes en curas

Un convenio asinado en 1995 coas dióceses galegas sufraga salarios e cotizacións dos 53 capeláns que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados da Galiza. Ao ano, o investimento supón por volta de 800.000 euros
SOCIAL

O Sergas quere controlar a información que @s traballador@s facilitan á imprensa

Unha circular enviada aos e ás responsábeis de servizo pola xerencia de Xestión Integrada dos hospitais de Ourense, Verín e O Barco advirte que non está permitido dar datos aos medios ''sen a correspondente autorización''. Tamén veta os medios gráficos
SOCIAL

O Sergas pretende que dúas xinecólog@s atendan 152 mil mulleres nos centros de orientación da Coruña

A xubilación do único xinecólogo do COF do Ventorrillo sementou entre o cadro de persoal a dúbida sobre a súa continuidade. A consellaría de Sanidade di que cómpre librar as dependencias en que agora se asenta, a dirección médica aínda non foi nomeada e as axendas están pechadas. O desmantelamento suporía que o outro centro, o de Orillamar, asumiría a demanda de toda a comarca sanitaria, pola volta de 40 concellos
hospital vigo privatización sanidade
SOCIAL

O PP xustifica nun debate a privatización de hospitais afirmando que ''o Sergas non ten albaneis''

Con tal explicación despachou o voceiro de Sanidade no Parlamento galego pola formación conservadora a reprimenda por permitir a entrada de capital privado no novo hospital de Vigo. BNG, PSOE, AGE e PP debateron ao redor do modelo de asistencia sanitaria pola que pulan estas forzas políticas nun encontro organizado por SOS Sanidade pública, Foro galego de inmigración, Asociación galega de medicina familiar e Médicos do Mundo
LINGUA

Unha doutora do Sergas exixe a familiares dun moribundo non falaren galego na súa propia casa

“No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”, exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros. Un familiar denunciou os feitos ante o Sergas