A Xunta destina unha partida de 650.000 euros este ano para contratar 52 sacerdotes no Sergas

O PSdeG presenta una iniciativa para que ese servizo non se financie con diñeiro público.

camassergas3

Os orzamentos da Xunta para este ano conteñen unha partida de 650.000 euros destinada a contratar a 52 curas -41 deles a xornada completa e 11 partida- para servizos relixiosos nos hospitais do Sergas.  O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, anunciou unha iniciativa na que solicitará retirar os servizos relixiosos financiados pola Xunta nos hospitais do Sergas. “Non estamos en contra de que as persoas poidan demandar a presenza de curas, é unha decisión e crenza persoal, pero non queremos que se financien con cartos públicos”, explicou.

O deputado socialista explicou que esta partida serviría para contratar, por exemplo, “quince médicos de atención primaria para quince vilas que están demandando médicos”, ou 25 fisioterapeutas de atención primaria, “nun tempo con recortes da Xunta moi notorios”.

Comentarios