Sermos Galiza

Feira do gando en Pontevedra (Perfecto García, 1930). (Foto: Biblioteca da Deputación de Pontevedra)
star
Reportaxes

Tempo de feirear: das feiras tradicionais á Semana Verde

As feiras tradicionais formaron parte fundamental da paisaxe social e económica do país durante séculos. Quedaron retratadas en branco e negro e chegaron até finais do século XX con poucos cambios. A chegada da Semana Verde de Silleda abriulles un novo futuro e modificou, modernizando, o seu funcionamento. Eis a historia que relata José Ramón Castro Frade no seu traballo 'Feirear' (Galaxia, 2023), un relato documental vivido en primeira persoa por un investigador que coñeceu a fondo o sector primario do país. 
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O xornalismo e a literatura de María Xosé Porteiro centran o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O mundo das feiras tradicionais e o auxe do videoxogo na Galiza tamén no semanario.
Composición actual do coro coruñés Cántigas da Terra.
star
Reportaxes

Coros históricos: orgullo dun pobo

Nun contexto de reivindicación e do orgullo pola propia terra, a comezos do século XX nacen na Galiza unha serie de agrupacións artísticas que buscaban normalizar culturalmente o país e defender a arte galega en todas as súas manifestacións. Máis de cen anos despois, catro destas formacións continúan a defender os seus obxectivos fundacionais: o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, a Coral De Ruada de Ourense, Cantigas e Agarimos de Compostela, e Cántigas da Terra, da Coruña, que precisamente esta semana celebra o seu 106 aniversario.
A escritora viguesa Ledicia Costas. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ledicia Costas, o oficio da escrita

O gozo e a transgresión. Son, segundo Ledicia Costas, algúns dos alicerces que a literatura debe ter. Aínda que ela non é moito de teorizar sobre o tema. Prefire definirse como unha escritora profesional. Alguén que fixo de crear mundos o seu medio de vida. A súa traxectoria vén de ser recoñecida cunha das Medallas Castelao deste ano 2023. Debullamos con ela o contido das súas últimas novelas para público infantil e xuvenil e adulto.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A galardoada Ledicia Costas e a súa obra protagonizan o ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario tamén nos achega a historia dos catro coros centenarios da Galiza e a figura do escritor e cinéfilo Miguel Anxo Fernández

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A música, os mitos e o feminismo de Fillas de Cassandra, no ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario analiza tamén a situación do cabalo salvaxe galego e a resistencia da lingua mirandesa

Escola infantil como cabana urbana en Lugo. (Foto: Carreira Montes)
star
Reportaxes

Carreira Montes: Atlántico

Moderno e innovador e, ao mesmo tempo, con raíces locais son ideas cada vez máis valoradas. Carreira Montes reivindica un xeito de facer moderno ao tempo que atlántico, baseado no seu clima, materiais e paisaxe. Para este arquitecto, o territorio inflúe no pensamento e na expresión.
Martxelo Otamendi, durante a entrevista concedida a 'Nós Diario'.
O xornalista vasco xubílase

Martxelo Otamendi, director de 'Berria': "Foi duro ao comezo, moi duro, porque nos detiveron e nos torturaron"

Martxelo Otamendi (Tolosa, Gipuzkoa, 1957) xubílase o 30 de xuño e, tras 20 anos como director, dálle ao relevo a Amagoia Mujika á fronte de Berria, o único diario en papel euskaldún, que o pasado sábado celebraba o vinte aniversario nun acto ao que asistiron máis de 600 persoas. Aténdenos un día despois da mesa redonda que compartiu connosco e con Vicent Partal, director do diario dixital catalán Vilaweb, e pouco antes de recibir ducias de representantes de diversos medios de comunicación europeos que se desprazaron a Donostia para participar na asemblea anual da asociación Midas que el mesmo organizou. Publicamos un extracto da conversa, que será publicada de maneira íntegra no Sermos Galiza deste sábado, á venda con Nós Diario nos quioscos habituais.

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A retirada do xornalista Martxelo Otamendi protagoniza o 'Sermos Galiza'

O novo número do semanario protagonízao o xornalista e director do diario vasco 'Berria', que se xubilará a vindeira semana após 20 anos á fronte do xornal e unha ampla e exemplar traxectoria na profesión. Neste 'Sermos' rememoramos tamén a proclamación da República Galega en 1931 e a obra do arquitecto José Ángel Carreira Montes, así como as últimas novidades na música, o cinema ou o sector literario.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

A cultura que arrodea a máxica noite de San Xoán protagoniza o novo 'Sermos Galiza'

A reedición e edicións inéditas da obra completa de Manuel García Barros, 'Ken Keirades', e unha entrevista ao xornalista e profesor Luís Álvarez Pousa sobre a repartición de axudas públicas á prensa e a autocensura dos medios completan, alén da oferta musical, cinematográfica e literaria, o novo número do semanario, á venda esta fin de semana.
Integrantes do Consello de Administración de Sermos Galiza S. A., onte. De adiante para atrás, e de esquerda a dereita: Xoán Costa, Ana Rodiño, Xurxo Souto, Marga do Val, Xan Colazo, Sira Vidal, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Nemésio Barxa e Xosé Gontá. (Foto: Arxina)
Xunta de Accionistas de Sermos Galiza S.A.

Xoán Costa, ante a Xunta de Accionistas: "A existencia de 'Nós Diario' alterou o monopolio informativo oficial"

'Nós Diario' encarreira o seu cuarto ano de vida co reto de "seguir traballando para consolidar un proxecto xornalístico centrado no país". Neste sentido, a Xunta Xeral de Accionistas da compañía reunida esta sexta feira acordou incrementar o seu número de subscricións.
Non é a primeira vez que a Xunta exclúe 'Nós Diario' da repartición de fondos públicos aos medios de comunicación da Galiza. (Foto: Arxina)
Análise

Publicidade institucional e clientelismo

Carlos Aymerich Cano é profesor titular de Dereito Administrativo e secretario xeral da UDC.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Os 40 anos da Lei de Normalización Lingüística, a debate no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O novo número do semanario ofrece tamén unha entrevista a María Pilar García Negro.

Confía en Nós

Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pilar Pallarés e a súa poesía no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O novo número do semanario analiza tamén o legado político de Juana de Vega así como os retos da natureza.
Capa e detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

'Sermos Galiza' debulla con Ignacio Ramonet as chaves para entender o mundo

O novo número do semanario abordará tamén a milenaria tradición da olaría galega e a obra arquitectónica de Juan Seara e Berta Peleteiro, alén das últimas novidades literarias, musicais e cinematográficas... E moito máis!
Germán Labrador.
star
Entrevistas

Germán Labrador, as imaxes dun país

O pasado vive no presente de moitos modos, xa sexa como memorias, corpos ou incluso imaxes. Esta foi a idea que o catedrático da Universidade de Princenton (Estados Unidos de América) Germán Labrador (Vigo, 1980), actualmente director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía, transmitiu no estrado do Teatro Principal de Pontevedra na última edición da Semana Galega de Filosofía. A súa intervención, a Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galiza do século, abrangue o labor desde Rosalía ou Castelao até a actualidade, reparando no poder emancipatorio dos imaxinarios.
José Gil na inauguración da tumba da súa filla María, no ano 1920, obra do escultor Francisco Asorei.
star
Reportaxes

José Gil: unha biografía do pioneiro do cine galego

Se houbo un precursor do cinema galego, foi José Gil. Así o defende o profesor e investigador Manolo González, outro dos grandes impulsores do audiovisual galego, creador das axudas ao talento ou do Chanfaina Lab. José Gil foi, segundo conta González no ensaio Nos días encantados de agosto, un personaxe proteico e luminoso que amou profundamente o cine. Batendo con atrancos non tan diferentes aos que aínda hoxe dificultan o desenvolvemento do cinema galego.
O grupo Faíscas da Pontraga, finalista no Runas en 2020, actuou no festival en 2021.
star
Reportaxes

Proxecto Runas: a promoción do folk nun certame

O Festival de Ortigueira abriu estes días o Concurso Runas 2023 para grupos noveis. Será a 24º edición desta iniciativa destinada a fomentar a promoción de novos valores da chamada "música celta". Tres formacións terán a posibilidade de gañar o premio e así repetir concerto en 2024 xunto a grupos consagrados que actúen ese ano. 'Nós Diario' quixo lembrar como xurdiu esta singular proposta que deu a coñecer numerosos grupos da Galiza, como foi o caso de Quempallou, que despois tiveron unha extensa carreira musical.
Detalles do 'Sermos Galiza'.
CULTURA

'Sermos Galiza' afonda nas orixes do cinema galego

Neste novo número do semanario analizamos tamén a dimensión do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira e entrevistamos Germán Labrador.