Sermos Galiza

Escolma de imaxes do 'Sermos Galiza' deste sábado (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Todo sobre o Entroido, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

Entrevistamos ao estudoso Rafael Quintía e analizamos os aspectos máis característicos desta festividade na Galiza.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Fina Casalderrey protagoniza o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

No novo número do semanario analizamos tamén Rosendo Salvado, ‘o defensor dos sen alma’, e o traballo de Filippo Prósperi e Cándida Otero que Vítor Vaqueiro condensou na obra 'Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915'.
Manuel Murguía nun retrato de Quintas Goyanes cedido á Real Academia Galega.
CULTURA

Manuel Murguía protagoniza o novo número do 'Sermos Galiza'

Conmemoramos o centenario do seu pasamento cun número especial do semanario que se venderá nos quiosques, canda o 'Nós Diario', esta fin de semana.
Abel Bouhier no Pazo de Lourizán, en Pontevedra, no mes de outubro do ano 1982 (Foto: Manuel Alonso Gondar ).
star
Reportaxes

O francés máis galego. Abel Bouhier e o sistema agrario da Galiza

Abel Bouhier é un personaxe pouco coñecido para a maioría da poboación galega. Porén, poucas persoas coñeceron a Galiza tan en profundidade como o fixo o xeógrafo francés. A súa obra mestra, Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, publicada en francés no ano 1979 e traducida ao galego en 2001, segue a ser actualmente unha referencia nos estudos xeográficos, históricos e económicos sobre o mundo rural galego.
Rocío Martínez (Deputación da Coruña).
star
Entrevistas

Rocío Martínez. Alta cociña saída do mercado

Pementa Rosa, o restaurante da cociñeira Rocío Martínez en Carballo, é un claro exemplo de como se pode manter unha gastronomía baseada nos produtos locais e de tempada, utilizando o que se atopa no mercado e sempre en relación coa veciñanza do lugar. Con esta idea de promover a calidade nos seus pratos, a sustentabilidade na súa contorna e a súa comarca de Bergantiños como destino turístico, Martínez tamén se implicou no proxecto Os Fogóns do Anllóns, impulsado pola Deputación da Coruña e coa participación dos concellos. Desentrañamos coa chef algunhas das chaves do éxito dos pratos que ofrece e da súa visión do negocio da restauración. 
(Foto: Xosé Troiano).
star
Reportaxes

Toque manual. Patrimonio da Humanidade

A Unesco declarou como patrimonio inmaterial da humanidade o toque de campá manual, entendéndoo como unha linguaxe sonora que funcionou ao longo dos séculos como medio de comunicación, cumprindo un conxunto de funcións sociais na comunidade: informar, coordinar, delimitar o territorio e protexer. Para que o toque manual das campás non desapareza da Galiza, conformouse no convento de Herbón, en Padrón, a Asociación Cultural Campaneiros da Galiza.
Punta Robaleira e as illas Cíes (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

De Nerga ao Cabo Home

Inma Doval Porto (Foto: Inma Doval).
star
Libros

Nómades entre a palabra e a imaxe

Suso de Toro (Foto: Distrito Xermar).
star
Libros

Suso de Toro, retratista

Capa de Interferencias (Foto: Nós Diario).
Música

Intensidades moduladas, exploración sonora

Paul Mescal e Frankie Corio (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

Crema solar, alfombras e cintas de vídeo

Julia Minguillón, Retrato de F. Fernández del Riego, 1950 (Foto: Nós Diario).
star
Arte

Fernández del Riego e a arte galega

Conferencia sobre biodiversidade en Montreal (Foto: Europa Press).
star
Ecos

A COP 15 sobre biodiversidade, esa grande ignorada

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O toque manual de campá, declarado patrimonio da humanidade, protagoniza o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario analizamos tamén a pegada no país de Abel Bouhier, o francés 'máis galego', e entrevistamos a cociñeira Rocío Martínez.
Fraga saúda ao ditador Francisco Franco durante a recepción ofrecida no Salón do Trono do Palacio Real en 1966.
star
Reportaxes

Camarada Fraga

O pasado 23 de novembro foi o centenario do nacemento de Manuel Fraga e este 15 de xaneiro fanse once anos do seu pasamento. Coincidindo con estas datas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) elaborou o documental Camarada Fraga. Memoria dun franquista. O documental, que ten unha duración de 25 minutos, é resultado dun grupo de traballo da CRMH (Manuel Monge, Beatriz Gómez Amigo e Carlos Babío), foi presentado o pasado 12 de xaneiro no Circo de Artesáns da Coruña e está a dispor de todas aquelas entidades que soliciten a súa proxección. Este texto que publica Sermos Galiza é un resumo do guión do documental, elaborado por Manuel Monge —a realización é de Daniel Carballada—, que será entregado ás persoas que asistan ás presentacións.
Xelís de Toro (Foto: Rikki Tarascas).
star
Entrevistas

Xelís de Toro. Escrita a contracorrente

Etceteramente (Xerais), a nova obra de Xelís de Toro, é un artefacto literario difícil de clasificar. A antinovela, quizais, como alguén a definiu, ou, en calquera caso, unha mostra dunha escrita pouco convencional, mesmo despois da novela experimental do século pasado. Nela, un escritor, Alfa Beto, tenta crear unha obra sublime para fuxir do desasosego, do baleiro, dun mundo difícil de habitar marcado, entre outros problemas, pola especulación urbanística. Desentrañamos co autor algunha das claves deste libro.
Dorothé Schubarth. (Foto: Dorothé na Vila).
star
Reportaxes

Dorothé na vila

A forma de vida mudou e con ela a transmisión da tradición oral. Moitas das tarefas xa non se realizan en comunidade como hai anos e isto repercutiu na forma na que as cancións -que acostumaban acompañar as tarefas realizadas en comunidade- pasan de xeración en xeración. O resultado foi a perda de moitos cantares, pois non quedaban rexistros deles en lado ningún. Neste punto é no que cobran principal relevancia as recollidas.
Arcos das ruínas da igrexa de Santa Mariña (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Un paseo por Cambados

Fran P. Lorenzo (Foto: Rodolfo & Priscilla).
star
Libros

As palabras valentes

Andrea Maceiras (Foto: Xerais).
star
Libros

'Deep teens'