CULTURA
Silvia Penas, Alberto Gracia e a represión franquista sobre a música protagonizan o 'Sermos Galiza'
02/feb./24
Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos a poeta Silvia Penas e afondamos na represión franquista sobre a música galega. Ademais, analizamos a obra de Alberto Gracia, cuxa longametraxe La Parra será exposta no Festival de Cinema de Rotterdam.
CULTURA
Brais Morán, a Candeloria e Aurichu Pereira protagonizan o 'Sermos Galiza'
26/xan./24
Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos o músico Brais Morán e afondamos nas orixes e celebracións vinculadas á festa da Candeloria. Ademais, reproducimos a intervención íntegra de Xosé Manuel Beiras no acto de homenaxe a Aurichu Pereira.
CULTURA
A dramaturga Esther Carrodeguas, protagonista do 'Sermos Galiza' desta fin de semana
19/xan./24
O psiquiátrico de Conxo durante o franquismo e ManuelMoldes tamén fan parte do semanario
CULTURA
A música de Guadi Galego centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana
12/xan./24
O Proxecto Nós e os escravos galegos en Cuba compoñen tamén o semanario.
CULTURA
A obra literaria de Ana Cabaleiro protagoniza o 'Sermos Galiza'
05/xan./24
Neste novo número do semanario abordamos tamén a censura franquista da obra de Castelao 'Sempre en Galiza' e o legado de memoria da guerrilla de Lupe Martínez.
CULTURA
A autoestima cultural de Mercedes Peón protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado
29/dec./23
A obra e legado do fotógrafo Edelmiro Méndez e mais as precarias condicións nas que viven as e os saharauís residentes en campos de refuxiadas centran tamén este novo número do semanario.
CULTURA
Anxo Angueira centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana
22/dec./23
A emigración e o surrealismo mariño de Urbano Lugrís tamén fan parte do semanario.
Anuario 2023
96 páxinas para entender o ano: consegue o Anuario 2023 esta fin de semana co 'Nós Diario'
15/dec./23
96 páxinas de información analítica sobre Galiza, economía, internacional e cultura que serven para entender de maneira crítica e en galego as chaves dun ano cheo de noticias e novidades no mundo.
CULTURA
Aurora Marco protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado
08/dec./23
Neste novo número do semanario falamos tamén de Uruguai, a 'Suíza' da América do Sur para as galegas e galegos, e da obra cinematográfica de Lois Patiño, entre outros moitos contidos culturais. Non o perdas!
1.000 'Nós Diario'
Xoán Costa e María Obelleiro: "Nos actos do número 1.000 pedíronnos que 'Nós Diario' saia os 7 días da semana"
07/dec./23
Xoán Costa (Oroso, 1956) e María Obelleiro (Soutomaior, 1985) fan balance da intensa campaña de varias semanas de socialización do medio de comunicación entre as persoas accionistas, subscritoras e lectoras na procura de sumar 1.000 novas e novos asinantes que dean estabilidade e proxección ao único diario en papel en galego que se publica no país.
SOCIAL
'Nós Diario' culmina a xira do número 1.000
01/dec./23
Máis 1.000 asistentes asistiron á vintena de actos públicos cos que Nós Diario conmemorou os seus 1.000 números no mes de novembro. A directora do xornal, María Obelleiro, amosou esta sexta feira en Ribadavia, onde se puxo o ramo á campaña, a súa satisfacción ante un público "que nos sorprendeu polo seu entusiasmo e apoio, o cal nos traslada moitísima forza".
star
Reportaxes
Foliada da Fonsagrada
01/dec./23
A da Fonsagrada pasou de ser unha foliada marcada no calendario daquelas persoas pertencentes ao ámbito tradicional a ser o chamado "festival de inverno". Un festival que decorre na ponte de decembro e que conta agora con persoas seareiras doutros xéneros musicais, como poden ser as músicas urbanas.
star
Entrevistas
Bernardo Atxaga: o rastro do poético
01/dec./23
Escritor Galego Universal en 2014 e Premio Nacional das Letras Españolas en 2019, o vasco Bernardo Atxaga é unha figura de referencia da literatura contemporánea en diferentes formatos e rexistros, autor de libros memorábeis que van de Obabakoak e Memorias dunha vaca a Sete casas en Francia, entre outras. Visita Galiza para presentar no Culturgal Exteriores do paraíso (Kalandraka), obra que transcende etiquetas e que mostra a súa capacidade para captar detalles reveladores da condición humana.
star
Reportaxes
Diario de Bértoa: A recuperación dun artista galego da vangarda
01/dec./23
Syra Alonso e Francisco Miguel formaron un deses tándems artísticos asociados á efervescencia cultural das vangardas do século XX. Emprenderon as viaxes da arte e voltaron á Galiza da etapa republicana habitando unha elocuente Casa da Felicidade no porto de Santa Cruz (Oleiros). Unha felicidade que quedou sepultada en setembro do 36. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica vén de realizar os traballos na fosa común dos represaliados entre os que se atopaba Francisco Miguel.
SERMOS GALIZA
Bernardo Atxaga e o seu exercicio poético de sinceridade protagonizan o ‘Sermos Galiza’
01/dec./23
Entrevistamos o escritor vasco, achegámonos Á Fonsagrada ea súa foliada e achegámonos á exhumación dos restos de Francisco Miguel . Tamén falamos das últimas novidades do panorama literario, musical e cinematográfico. E moito máis!
star
Entrevistas
María Reimóndez, a púxil do feminismo
24/nov./23
Como o seu alter ego en Furia (novela gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil da editorial Xerais), María Reimóndez (Lugo, 1975) sobe ao ring para defender o feminismo en posición de garda e disposta sempre a asestar un golpe a calquera discurso patriarcal, así veña de supostos referentes na materia ou de críticos dun sistema literario que, non ten dúbida, merece maior consideración da Administración galega. Unha Administración, denuncia, que actúa "en contra da lingua".