Martiño Noriega: "Reactivar un espazo como Anova debe ser visto como positivo"
Martiño Noriega (A Coruña, 1975) anunciaba esta fin de semana a volta á primeira liña da trincheira política como portavoz nacional de Anova. Case tres anos afastado da primeira plana que lle serviron, afirma, para "resetear" e coller "certa distancia san" mais nunca, aclara, para "desconectar" da realidade diaria do país.