Merkel estará na GZ este domingo e o BNG pide á sociedade que lle mostre o seu repudio
A chanceleresa alemá estará na Galiza os días 24 e 25. Percorrerá un tramo do Camiño de Santiago e verase con Rajoy.
A chanceleresa alemá estará na Galiza os días 24 e 25. Percorrerá un tramo do Camiño de Santiago e verase con Rajoy.
Nunha longa conversa con Sermos Galiza, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, avalía a crise do réxime do 78, os resultados das europeas e os desafíos de futuro que se abren perante a fronte nacionalista.
Luís Gonzalo Segura foi condenado a 6 meses de cadea nun centro de internamento militar por denunciar abusos no Exército español, no seu libro "Un paso al frente".
Permítame o/a leitor/a que, antes de publicar a segunda parte propositiva do artigo publicado neste mesmo dixital o pasado 3 de xuño 1 encol dos retos que implicaban os resultados das Eleccións Europeas, faga algunhas breves consideracións previas encol da caracterización da sociedade galega, as súas tendencias, e como se forma a conciencia.
Vivir nun contexto denominado sociedade do descoñecemento nunha periferia como a galega é hoxe unha posibilidade a cada paso máis real nun territorio ameazado pola homoxeneización mundial, pola agudización das diferenzas entre territorios, entre ricos e pobres, ou mesmo, entre quen coñece ou non coñece.
O novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüistíca, Marcos Maceira, destacou o gran traballo nos días previos ás mobilizacións
Os informes que miden o estado da sociedade da información xa non serán feitos desde a administración pública. A Xunta saca un concurso de máis de 100.000 euros que afonda na privatización do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (OSIMGA).
O presidente da Fundación Galiza Sempre, Guillerme Vázquez, di nunha entrevista concedida á Radio Galega que face as escasas responsabilidades políticas e penais en casos de corrupción "ten que haber castigo social" porque, di, "ou a xente castiga esas prácticas ou seguirán existindo".
A Irmandiña perdeu 1-7 en Lugo contra Occitania. Mais non se incomoden, a de onte era unha xornada de festa e reivindicación a prol da oficialidade das seleccións nacionais. Máis de medio milleiro de persoas así o reclamaron polas rúas e nun encontro no que gañou o deporte galego.
Aurélio Lopes (Irmandade Tv) estivo en Barcelona após coñecerse a data e pregunta do referendo pola independencia de Catalunya. Na súa viaxe entrevistou a importantes referentes políticos e xornalísticos do Principat como o director de Vilaweb, Vicent Partal, ou o número dous de ERC, Oriol Amorós. Conversamos con el arredor das impresións que tirou do que está a acontecer en Catalunya.
A Mesa Galega de Educación no Rural, integrada por CIG Ensino, CCOO Ensino, STEG, FETE-UGT, CSI-F, AS-PG, Nova Escola Galega e Asociación socio-educativa Antonio Gandoy critica o abandono do goberno galego e reclama a elaboración dun plan específico de educación para o rural.
Falamos con Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego, da campaña impulsada por este sindicato para situar o debate sobre o paro, as causas e as alternativas, no epicentro do debate.
Raúl Seixas. Un dos grandes do rock brasileiro, val dicer, do rock cantado na nosa lingua, o galego-portugués. Viva a Sociedade Alternativa. Un himno. Un dos seus clásicos. E quen o recupera agora, en São Paulo? The Boss.
Xavier Vence denunciou o "discurso anestésico e propagandístico" do PP en Soutomaior e asegurou que "falar de recuperación económica" é "un insulto á intelixencia". O portavoz nacional do BNG sinalou que "só se a sociedade reacciona masivamente" o país poderá "arrincar unha nova etapa"
De entre todas as puntuais citas que cada ano convocan ao sector sociocultural vertebrado ao redor da industria que xera e promove o libro e a lectura hai unha que ten unha identidade ben definida: a entrega do Premio Biblos-Pazos de Galicia.
Eu violei o lobo feroz é, en moitos aspectos, o primeiro libro da escritora: o primeiro escrito en poesía, o primeiro eroticamente explícito e o primeiro redactado en galego-portugués. Publicado en ATravés, a presentación xa ten data e fica próxima: este 25 de Xullo, ás 19.45h, no Festigal, onde estará acompañada do poeta Rafa Vilar.
A oposición dalgúns que foron aliados únese ao acoso de vellos adversarios para deixar ao presidente do Deportivo nunha situación crítica que acende alarmas ante as dificultades para alcanzar un acordo con Facenda e os bancos
Con dun lago escuro Marta Dacosta vén de gañar o Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A poeta leva xa máis de vinte anos na escrita e nesta entrevista debulla para nós o novo libro, a súa traxectoria e a súa face máis comprometida coa lingua, o ensino público e o país.
Sánchez Izquierdo, director da CRTVG, defendeu a súa xestión e negou calquera manipulación informativa a preguntas do BNG e o PSdeG. Inquerido pola nacionalista Montse Prado, xustificou a contratación de Isabel Pantoja, acusada de branqueo de capitais