Entre 1.800 e 1.600 pacientes por médico nos centros de Soutomaior
O piñeiro araucano de Soutomaior opta a ser árbore europea do ano
É a única árbore galega que opta a pasar á fase europea do concurso entre as dez candidatas do Estado español. O prazo para o voto cidadá remata esta sexta feira.
Tributo ao legado de Lois Obelleiro no seu décimo cabodano
O multiusos de Arcade -concello de Soutomaior- acolle este sábado 24 de febreiro (20 h) un acto en homenaxe á memoria do historiador e dirixente do BNG Lois Obelleiro, no seu décimo cabodano.
A auga acende o debate político en Vigo e fractura o PSOE
O alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, demandou publicamente a demisión do seu homólogo de Pontecaldelas, Andrés Díaz, como secretario de Organización provincial dos socialistas pola súa oposición ao transvasamento de emerxencia Verdugo-Oitavén, rexeitado polos colectivos ecoloxistas. BNG e Marea de Vigo, contrarios ao transvase, exixen unha remuda na xestión da auga para facela eficiente e sostíbel. O PP desde a Xunta cuestiona a calidade da auga da traída malia que nunca deixou de ser potábel.
Perto de mil persoas concéntranse ao pé do Verdugo contra o transvasamento
O BNG de Soutomaior organizou na mañá da cuarta feira, 6 de decembro, unha mobilización ao pé do Verdugo para amosar o rexeitamento veciñal a un transvasamento que provocaría danos irreparábeis nos bancos marisqueiros de Arcade e un grave prexuízo ambiental no propio río.
Soutomaior e Ponte Caldelas cargan contra a Xunta polo transvasamento do río Verdugo
O río Verdugo converteuse, durante a semana pasada, no escenario de confrontacións cruzadas entre Xunta, grupos locais, e veciños.
Un médico en Soutomaior chega a atender 65 pacientes ao día
Soutomaior é un dos concellos galegos con máis nacementos. Porén, estará un mes sen pediatra. As denuncias van alén disto. Segundo dados fornecidos a Sermos Galiza pola CIG-Saúde, un médico de familia chega a atender neste concello da comarca de Vigo 65 pacientes ao día. O BNG convocou unha mobilización para o domingo ás 12.30h en Arcade, na alameda de Talo Río.
Soutomaior reclama un novo médico de familia após meses de saturacións nos centros de saúde
Ao longo dos últimos meses, a sanidade pública do Concello de Soutomaior non cumpriu coas expectativas dos seus veciños. Hai apenas unhas semanas, os centros de saúde de Arcade e de Soutomaior víronse colapsados, e numerosos pacientes chegaron a agardar até tres horas para poder seren atendidos nas súas dependencias. A razón? A urxente necesidade de contar cun médico de familia máis, unha demanda do BNG aprobada en pleno por unanimidade.
Rajoy en Soutomaior: “Feijóo vai inaugurar a era de crecemento e emprego”
O PP abriu curso político no Castelo de Soutomaior. Un acto no cal se defendeu a política dlo goberno popular (“non cambiarei o rumbo” dixo o presidente español), cargouse contra a oposición, e deixouse no faiado escándalos coma o de Bárcenas. De guinda, prometeuse para o ano que vén unha baixada de impostos
O PP abre curso político acantonado en Soutomaior protexido por un forte continxente policial
Helicópteros, furgóns de antidisturbios, controis policiais nas estradas... un forte dispositivo das Forzas de Seguridade toma a contorna do castelo par evitar protestas, principalmente dos ‘prefrentistas’