Taboada

Mergulladores buscando os desaparecidos no encoro de Belesar. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Atopan o corpo sen vida do bañista desaparecido en Taboada e continúa a procura do pescador en Belesar

O falecido apareceu ás 13.05 horas desta cuarta feira e foi rescatado por mergulladores que o levaron até o embarcadoiro. Xa se deu aviso á autoridade xudicial.
Buzos buscando o home desaparecido no encoro de Belesar dentro do termo municipal do Páramo, na tarde desta terza feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Retoman a busca dos dous desaparecidos no encoro de Belesar, aínda sen noticias deles

Os profesionais que participaban nos labores de procura do pescador desaparecido no encoro á altura do Páramo concluíron a última hora da terza feira, sen éxito, o operativo para regresar na mañá desta cuarta. Tampouco hai noticias aínda do outro home ao que se lle perdeu a pista, nas mesmas augas, en Taboada.
Mergulladores buscando o home desaparecido no encoro de Belesar dentro do termo municipal do Páramo, na tarde desta terza feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Fonda preocupación ante a desaparación de dúas persoas no encoro de Belesar

Primeiro un pescador no Páramo e despois un bañista en Taboada desapareceron na contorna do encoro.
A senadora do BNG, Carme da Silva (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG solicita ao Goberno estatal que "non sexa cómplice" de Altri: o ministro de Industria responde que "será escrupuloso"

Jordi Hereu afirmou que calquera proxecto "deberá cumprir o principio de non causar dano significativo ao ambiente". O BNG sinalou que esperaba unha resposta "máis contundente".
Planta de celulose de Altri em Vila Velha de Rodão, Portugal (Foto: Altri).
POLÍTICA

O Concello de Taboada rexeita o proxecto de Altri

A moción do grupo nacionalista saíu adiante cos votos do BNG e do PSdeG e coa abstención do PP.

Mobilización do BNG en Taboada polo arranxa das estradas (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG reclama en Taboada o arranxo da estrada N-540: "É un perigo"

Nun comunicado, a formación nacionalista sostén que a estrada N-540 "segue nun estado de conservación pésimo durante todo o percorrido desde Lugo a Ourense".
Vista dunha parta da vila de Taboada (Foto: Concello de Taboada).
Agora

Rexístranse unha decena de terremotos no concello de Taboada

O Instituto Xeográfico rexistrou unha decena de terremotos nos últimos días no municipio de Taboada (comarca de Chantada), segundo informa na súa páxina web. A maioría foron entre os días 21 e o 22, en concreto nesta xornada nun tramo de 20 minutos, e o último esta mesma segunda feira, día 24, pola tarde, un de magnitude 1,8. No caso dos rexistrados na xornada do sábado, día 22, foron entre as 03.27 horas e as 03.45 horas, chegando a contabilizarse un total de oito tremores, cunha magnitude nalgún caso de 1,6 e noutros de 2,3.