CULTURA
Festival de Benidorm: Tanxugueiras, favoritas nas enquisas, brillan na final
29/xan./22
As Tanxugueiras tentarán convencer esta noite ao xurado e a audiencia de que 'Terra' merece un billete a Eurovisión.
O xurado está chamado a ser o grande protagonista da final do festival de Benidorm. Após unha primeira gala onde o público cuestionou a súa imparcialidade, todos os focos para esta noite están postos na súa actitude. Unha diverxencia avultada entre a súa puntuación e os resultados do voto demoscópico e o “televoto” non faría máis que aumentar as dúbidas.
Rayden, nome artístico do rapeiro español David Martínez Álvarez, está chamado a ser un dos grandes competidores de Tanxugueiras na carreira por acudir a Eurovisión.
Debullamos a historia dun rei galego na obra de Adenet le Roi, entrevistamos o grupo galego do momento e percorremos os tesouros que en forma de xoguetes atesouran coleccionistas galegos.