teatro

Josito Porto, María Costas, Víctor Mosqueira, Santi Romay, Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Melania Cruz en 'Medida por Medida'. (Foto: Cristina Becerra)
Análise

Happy birthday, William!

Como todos os anos, o 23 de abril conmemórase o nacemento de Shakespeare. E a súa morte. O que supón unha coincidencia digna da súa mellor traxedia.
De esquerda a dereita, Fernando Morán, Mabel Rivera, Belén Constenla, Eduardo R. Cunha 'Tatán' e Roberto Leal, nunha escena do espectáculo. (Foto: Miramemira / CDG)
star
'Terceiro acto' afonda nas historias persoais dos creadores do teatro galego moderno

A xeración pioneira do teatro galego moderno íspese en escena

Fan parte da xeración que inventou o teatro galego moderno á sombra dunha ditadura. Mantiveron as súas carreiras ao longo de máis de corenta anos e contemplaron as transformacións que a escena e o país experimentaron ao longo de máis de catro décadas. Agora toman o escenario do Salón Teatro para reivindicar e reivindicarse: Terceiro acto -a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez, da compañía Teatro en Vilo- cédelles a palabra e o protagonismo. 
rociogonzalez
CULTURA

Rocío González: "As cousas están a mudar, coas mulleres na escena e a perspectiva de xénero"

A Rocío González acaban de outorgarlle o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, nomeadamente polo seu papel en Liberto, de Rebordelos Teatro. Agora, compaxina nos escenarios esta montaxe coa comedia de Producións Teatrais Excéntricas, Estrela do día. Sobre todo isto conversa a actriz con Nós Diario.
Carlos Labraña
star
Libros: 'Contra o reloxo' de Carlos Labraña

Do tempo e o inesperado

Carlos Labraña, un dos máis sólidos autores da literatura infantoxuvenil galega, presenta Contra o reloxo, unha historia orixinal e con moitas dimensións capaces de espertar interese e sorpresa.
Na primeira fila, con americana azul, Jacobo Sutil, e con americana gris, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na celebración do último Día do Teatro.
star
A cultura busca un marco lexislativo

Política Cultural?

O pasado 7 de abril publicábase no Diario Oficial da Galiza a modificación do Estatuto da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), en principio unha sinxela modificación burocrática que non debería ter maior repercusión na escena cultural galega. Segundo a Xunta da Galiza trátase exclusivamente de "reforzar a súa estrutura para avanzar no servizo ás industrias culturais". Non obstante, a regulamentación sempre deixa albiscar cales son as políticas que sustentan, e as políticas culturais da Xunta levan moito tempo sendo cuestionadas polos profesionais do sector.
1024px-Francisco_A._Vidal_(AELG)-1
CULTURA

Francisco Antonio Vidal gaña o III Premio Laudamuco para textos Teatrais coa obra ‘A vinganza de Fortimbras’

O certame, que promove a figura de Vidal Bolaño, foi convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas e contou coa participación de 47 obras.

De esquerda a dereita, Guillermo Carbajo, Fernando González, Laura Míguez e Sheyla Fariña nun ensaio.
Redrum Teatro prepara a estrea da obra de Jordi Casanovas 'Un home con lentes de pasta'

A cultura do narcisismo a escena

A impostura, o narcisismo, a pose, o protagonismo desmedido de persoas cuxo único mérito é crear unha coidada imaxe de si mesmas. Son os temas que trata Un home con lentes de pasta, unha obra do dramaturgo catalán Jordi Casanovas que, ademais, deita unha mirada irónica sobre o papel que xoga a cultura en certas capas da sociedade. O Teatro Principal de Ourense será o escenario onde Redrum Teatro estreará a súa versión desta obra, dirixida por Álex Sampaio.   
 
Un instante da conversa entre Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro. (Foto Nós Diario)
CULTURA

Carvalho Calero, fornecedor de pezas clave para o teatro, a poesía e a narrativa

A Federación Galiza Cultura promove unha conferencia de María Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, ao que consideran que non se lle fixo xustiza por non prolongar un ano as Letras Galegas que se lle dedicaron.
Stephanie Llaryona preparándose para a personaxe de Ruka na obra Feminíssimas (De Ste Xeito)
SOCIAL

Stephanie Llaryora, actriz: "Encántanme as cousas impredicíbeis e coido que a Galiza é algo impredicíbel"

Stephanie Llaryora recoñece o seu carácter nómade até chegar á Galiza. Naceu en Florida (EUA) e vivíu na América Latina, Madrid e Euskadi. O teatro é a súa paixón e conseguiu que fose a súa profesión unha vez estabelecida no noso país coa creación da produtora De Ste Xeito. Entrou polo Padornelo amosando o seu humor en monólogos enxeñosos e valentes nos que incorporou a lingua galega que agora fala con soltura.   
Jose Luis Baños de Cos. Foto: Eva Camba
star
Libros: 'A cámara escura', de José Luis Baños de Cos

Imaxes dun furado negro

A cámara escura, de Jose Lúís Baños de Cos, gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño, consolida unha proposta orientada á mocidade que non por iso aposta por un teatro fácil ou sinxelo.

Puro teatro

Imaxe do auditorio municipal de Ourense. (Foto: Cedida)
CULTURA

As profesionais do teatro protestan contra o feche do auditorio municipal de Ourense

Entenden que se trata dunha decisión política e que non responde, baixo ningún concepto, á situación sociosanitaria.
Imaxe da performance 'Ferro, Federici', de Helena Salgueiro. (Foto: Cedida)
CULTURA

Tres mostras escénicas do Centro Dramático Galego en Compostela

Son froito das Residencias Cruzadas que tiveron lugar durante o mes de febreiro. 
Unha escena da montaxe / Marcos Canosa
Crítica de teatro

Do críptico ao obvio

Soga e cinsa, a montaxe de Diana Mera anuncia un camiño que logo non se atreve a percorrer.

A compañía conta cun equipo de colaboradores habituais nas súas montaxes.
PT Excéntricas estrea 'Estrela do día' no Rosalía de Castro da Coruña

As cantigas de Santa María segundo Quico Cadaval

A pandemia non perdoou e houbo que aprazar a estrea, pero finalmente, Producións Teatrais Excéntricas presentará a súa última montaxe na Coruña. Será no Teatro Rosalía de Castro, o vindeiro sábado 27, cando Estrela do día , unha comedia de Quico Cadaval baseada nos textos de Afonso X o Sabio, se atope, por fin, co público.   

A banalización e os compases (I)

Unha imaxe do barrio compostelán de Vite durante a súa construción. (Foto: Nós Diario)
Nova obra teatral

Chévere reconstrúe a memoria de Vite

"O teatro é unha maneira moi boa de visitar un lugar inesperado ao que nunca irías", di Xesús Ron, director da compañía Chévere. O lugar onde nos quere levar esta vez é Vite, un barrio popular de Compostela, que a organización e a mobilización veciñais lograron rescatar da súa condición de gueto ao berro de "Vite nazón!"
Lorena Conde | Cuarto de Inverno
star
Libros

Unha biografía diferente

As mil vidas de Dorotea é unha biografía diferente – de Dorotea Bércena– que toma a forma inesperada dunha peza de teatro para o público máis novo.
Escena Galega levou a cabo a campaña A cultura é segura. (Foto: Escena Galega)
CULTURA

A profesión teatral exixe medidas para compensar o fechamento dos teatros

Galiza é o único territorio do Estado español onde os teatros permanecen fechados
'Boas Novas!' foi a primeira obra virtual desta compañía (Foto: Oístes? Teatro).
CULTURA

'Inverno', unha obra de teatro interactiva que dura 24 horas

O evento comezará ás 19 horas deste sábado e poderá seguirse a través da plataforma Zoom.