teatro

Unha escena de 'Viaxe á lúa'. (Foto: Silvia Poch)
Marta Pazos estrea no Teatre Lliure de Barcelona a 'Viaxe á lúa' de Lorca

Galiza exporta talento a Catalunya

Marta Pazos, directora artística da compañía Voadora, estreará no Teatre Lliure de Barcelona, o vindeiro 3 de febreiro, unha adaptación ao teatro de 'Viaxe á lúa', o único guión cinematográfico que deixou García Lorca. Pazos consegue ser así a primeira que dirixe un espectáculo no mítico espazo catalán.
O estoxo que inclúe a obra dramática completa de Xohana Torres. (Foto: Nós Diario)
Engaiolarte Edicións recupera a súa obra dramática despois de cincuenta anos

O teatro case inédito de Xohana Torres

Dous volumes recollen o teatro completo de Xohana Torres, inédito desde hai máis de cincuenta anos mais aínda por descubrir para unha gran parte do público e das persoas afeccionadas ao teatro. Engaiolarte Edicións publica A outra banda do Iberr e Un hotel de primeira sobre o río dentro da súa Biblioteca Xohana Torres.
Fotograma de «Eroski Paraíso» (Chévere)
CULTURA

A AELG publica 3 unidades didácticas para que o alumnado se achegue ao teatro

Roi Vidal Ponte, Camilo Franco, Nee Barros e Miriam Ferradáns explican formas de participar nas artes escénicas.

Unha escena do Hamlet dirixido por Lino Braxe en 2007
Análise

Rescatar do esquecemento

Deberiamos esixir, e esixirnos, unha certa sensibilidade ante o que fixo parte do noso itinerario máis recente, ante as figuras que compartiron o camiño, sequera nunha pequena porción, connosco. E non conformarnos cos tópicos que simplifican e desvalorizan traxectorias importantes.
Unha imaxe da gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares ©AAAG
A AAAG cre que é moi probábel un próximo peche dos teatros

O adiamento dos Premios María Casares preludia un agravamento da crise no teatro

A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG) vén de adiar a convocatoria dos Premios de Teatro María Casares, que neste 2021 acadan a súa 25ª edición. O aprazamento da entrega de premios xa ten un antecedente na entrega de galardóns do ano pasado, no que os gañadores se deron a coñecer no mes de novembro, e non o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, como é habitual. Non obstante, existe unha diferenza: no 2020, só se aprazou a cerimonia de entrega, xa que todo o proceso de votación tivera lugar durante os meses de xaneiro e febreiro. Desta vez, será todo ese proceso o que sufra un atraso por mor da pandemia e das medidas sanitarias tomadas para paliar as súas consecuencias. 
O charco de Ulises
De Santiago Cortegoso e Marián Bañobre

'O charco de Ulises': revisando a 'Odisea' desde a emigración galega

'O charco de Ulises' inaugura a tempada deste ano do Centro Dramático Galego, marcada por un cambio de ciclo. A produción, que se estrea a quinta feira, presentouse hoxe no Salón Teatro con presenza de Fran Núñez, responsábel do CDG; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Jacobo Sutil, de Agadic, e o equipo da obra. 
Imaxe do tema sobre a xentrificación. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Sermos analiza os problemas da xentrificación, agravados coa Covid-19

O semanario, que atoparás mañá nos quiosques xunto co teu Nós Diario, tamén inclúe unha entrevista coa escritora Chus Pato e unha reflexión sobre a situación do teatro na Galiza e en Portugal.
teatro
star
Reportaxes

Portugal no horizonte: Os teatros galego e portugués condenados a atoparse

A primeira obra de teatro galego da que temos noticia fala das sempre ambiguas relacións con Portugal: O entremés famoso da pesca no río Miño xa exploraba os equívocos que rodeaban os vínculos co país veciño, aínda que, ao final, o conflito revelábase máis de clase que de nacionalidade. A coincidencia no tempo de varios proxectos liderados por creadores galegos en Portugal pode ser unha boa ocasión para revisitar o estado en que se atopan esas sempre desexadas concomitancias entre os teatros –e, en xeral, da cultura– da Galiza e de Portugal 
Imaxe promocional do certame.
CULTURA

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual consolídase nunha terceira edición

Convoca a compañía Feira do Leste para promover a nova creación. Pódese concorrer até o 26 de marzo de 2021.
Maite Ferreiro na presentación da programación fronte ao auditorio Gustavo Freire.
CULTURA

Lugo programa 25 obras teatrais no primeiro semestre de 2021

Terán lugar entre o 10 de xaneiro e o 16 de maio
O traballo minucioso das tres actrices permite que o humor rescate a obra do melodrama. (Foto: Nós Diario).
Escena

A raíz do presente

Se cadra é unha outra historia da transición. Unha historia máis fidedigna que a oficial e que busca as mudanzas transcendentais no fondo dunha lata de galletas Cuétara
Kukas e Isabel Rey (Fotos: Os monicreques de Kukas).
star
Reportaxes

Os Monicreques de Kukas: das festas populares ao pazo da ópera

O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas foi parar este ano á compañía Os Monicreques de Kukas, pola súa obra Arquelina e pola traxectoria dunha compañía “pioneira na Galiza nun xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio”. A resolución do ditame destacaba a “faceta artística, xeradora dun universo propio, e artesán, que implica a construción das marionetas e o seu mundo”.
Expectáculo teatral 'O premio',
estreado logo do confinamento.
Teatro

Cando a distancia non é unha opción: fronte á Covid-19 sobre as táboas

Vén de ver a luz unha guía de recomendacións para facer fronte á Covid-19 no sector escénico, que sinala a conveniencia de cribados e/ou probas ao elenco artístico, unha reivindicación que desde hai tempo viñan facendo as asociacións sindicais. A natureza do espectáculo teatral condiciona en ocasións a adopción doutras medidas como o mantemento da distancia ou o uso de máscaras, polo que os tests se volven fundamentais para evitar a aparición de focos, adaptándose aos distintos puntos e tipos de produción. 
Proxecto 'A lua vai encuberta' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Manuel María: teatro contra o esquecemento

A lúa vai encuberta é o proxecto gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A obra do autor chairego constitúe a cerna do espectáculo concibido en colaboración por dúas compañías –A quinta do cuadrante e Incendiaria–, que tentan recuperar con el unha parte substancial da historia do país que habitualmente é ignorada nos relatos oficiais e que podería explicar algunhas das chaves do noso presente. Como o propio Manuel María desexaba, un teatro que ilumina e abre ao debate os camiños seguidos por un pobo. 
Mesa redonda do I Congreso Internacional do Teatro Galega (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

As artes escénicas ollan outras latitudes

A posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país é un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega. O I Congreso Internacional do Teatro Galego voltou a pór enriba da mesa esta cuestión, arredor da que non existen no sector opinións unánimes. Alén dos problemas formulados pola falta de compromiso orzamentario por parte das administracións, algunhas voces apuntan a outros modelos, de tipo mixto, asentados noutras maneiras de entender a profesionalización dos axentes implicados. 
neorretranca_e_posmorrina_01
star
Reportaxes

Centro Dramático Galego, na corda frouxa

O Centro Dramático Galego comezará o ano cun director novo, Fran Núñez, e unha morea de problemas vellos. O que no seu momento fora chamado “buque insignia” do teatro galego enfronta un período que case todo o mundo na profesión teatral coincide en definir como o máis difícil da súa existencia. Tanto, que moitos temen pola súa desaparición.
Xesús Pisón (Foto: Nós Diario)
star
Entrevistas

Xesús Pisón: teatro contra o mundo

É moi probábel que, se lle preguntamos a calquera dramaturgo galego novo sobre as súas principais influencias, asome nalgún momento o nome de Xesús Pisón (Ferreira do Valadouro, 1954). E, con todo, segue a ser iso que chaman un "autor de culto", descoñecido para o gran público, case non representado e, como tantos outros, algo esquecido polo mundo da cultura oficial. Pisón vén de publicar agora o ensaio Alborada de Edipo (Laiovento), no que se interna nos escuros meandros da esencia do ser humano, e a peza Materna (Erregueté), unha colección de monólogos femininos que nos falan de como enfrontarmos o horror do mundo.
Raúl Dans (Foto: Carlota Dans).
star
Entrevistas

Raúl Dans: o lado escuro do teatro

Raúl Dans (A Coruña, 1964) vén de gañar a segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. É un premio máis nun longo ronsel que inclúe o Rafael Dieste, o Alvaro Cunqueiro e o Premi Born –ambos gañados en dúas ocasións–, o Premio de Teatro da AELG, o da SGAE… Falamos con el por teléfono sobre unha xa moi sólida obra que indaga nos aspectos máis escuros da natureza humana, e das dificultades que atopa un dramaturgo galego para que a súa obra chegue aos escenarios. 
Antón Reixa (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Antón Reixa: a perplexidade como filosofía

Antón Reixa (Vigo, 1957) rexeitaría con firmeza o adxectivo "polifacético", mais é a primeira palabra que vén á mente cando tratamos de resumir unha carreira que inclúe poesía, cine, televisión, radio, música, videoarte, performance e tantas outras cousas. O teatro non é a rama creativa pola que máis se lle recoñece, mais tamén na escena deixou a súa pegada –desde os recitais performativos de Rompente até o musical Galicia Caníbal, pasando polas colaboracións con Artello, Teatro do Morcego ou Lino Braxe. Agora, presenta Melancoholemia, unha obra que estreará o 25 de xullo na Mostra de Ribadavia e que vén de ser editada por Kalandraka.
Quico Cadaval. (Foto: Nós Diario)
star
Entrevistas

Quico Cadaval: teatro contra o colonialismo

Malia que leva moi mal a solemnidade, xa se pode dicir que Quico Cadaval é un dos piares do teatro galego. Director de escena, actor, impulsor do movemento de narradores orais que agromou a finais do século pasado… Cadaval xa estaba nas históricas mostras de Abrente en Ribadavia, sorprendeu coa frescura da compañía O moucho Clerc, renovou o Centro Dramático Galego con obras como O ano do cometa, Noite de reis ou A ópera dos tres reás, acompañou Mofa e Befa e integrou Shakespeare ou Martin McDonagh á cultura galega, entre outras moitas cousas. A Mostra de Teatro de Cangas vén de outorgarlle o Premio Xiria ao labor teatral, que recollerá en xullo.