«A prisión non pode ser unha condena a morte»
“Case todos os movementos sociais caeron na trampa de pedir máis penas de cárcere”
“No Rif todo está controlado, é imposíbel manifestarse”
Entrevistamos Zhora Koubia, presidenta da Asociación Foro de Mulleres do Rif e responsábel da área de Ensino e Dereitos Humanos da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos (AMDH) no norte de Marrocos. A AMDH presentou hai uns días no Ministerio de Xustiza marroquí un informe, certificado por médicos e avogados, onde se describe o trato sufrido por 19 activistas do Hirak, o movemento que revolucionou Alhucemas e o Rif hai agora tres anos.
Un informe testemuña o aumento da tortura en Galiza
O estudo da Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura (CPDT) advirte da persistencia da práctica no país e no Estado.
Billy el Niño, policía acusado de torturas, cobra un plus vitalicio na pensión
O policía acusado de torturador Antonio González Pacheco, Billy el Niño, cobra unha pensión vitalicia aumentada nun 15% debido a unha medalla concedida polo Goberno español en 1977. Billy el Niño foi un dos máis violentos policías franquistas, acusado de malos tratos e torturas a centos de detidos e detidas.
Ferrol 1972: os torturadores
Semella que foi onte pero pasaron corenta seis anos. A dureza da represión sufrida e a perseveranza das organizacións de clase e das forzas progresistas, mantendo a lembranza dos feitos, neste caso a medio da convocatoria do Día da Clase Obreira Galega, dános unha sensación de contemporaneidade que non se corresponde co tempo transcorrido.
O Tribunal europeo de dereitos humanos condena España por torturas
Igor Portu e Mattin Sarasola, detidos en 2006 acusados de pertenza a ETA, levaron a súa denuncia de torturas a Estrasburgo após a absolución polo Tribunal Supremo dos 4 garda civís condenados por torturalos
O comité europeo que persegue as torturas ve “inaceitábel” a situación do cárcere de Teixeiro
O CPT, órgao do Consello de Europa, publicou un informe sobre a visita levada a cabo en seis centros penitenciarios do Estado español, entre os que se atopa o cárcere de Teixeiro.
O coordinador do operativo policial imposto polo Estado en Catalunya foi xulgado por torturas
O coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, imposto polo Ministerio do Interior para coordinar o operativo policial en Catalunya para impedir que teña lugar o referendo do 1 de outubro, fora xulgado por torturas ao preso vasco Kepa Urra.
Un informe testemuña un mínimo de 11 persoas torturadas en Galiza en 2016
Un documento da Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura advirte da persistencia da práctica. A CPDT - da que fan parte organismos galegos como Esculca, PreS.O.S e Xustiza e Sociedade- sinala Galiza é o cuarto territorio do estado con máis denuncias documentadas de torturas.
O Comité contra a tortura do Consello de Europa inspecciona o cárcere de Teixeiro
A comisión preparará un relatorio que, unha vez aprobado, será remitido ás autoridades españolas
Un informe testemuña un mínimo de 23 persoas torturadas en Galiza no 2015
Un documento da Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura advirte da persistencia da práctica. A CPDT - da que fan parte organismos galegos como Esculca e Xustiza e Sociedade- sinala que no noso país aumentaron o número de persoas qiue sofreron esta práctica.
"Na xustiza hai unha negativa a recoñecer a existencia do maltrato e a tortura baixo custodia"
Fernando Blanco preside o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades (Esculca).
Oitava condena ao Estado español por non investigar torturas
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos resolveu a denuncia interposta por Xabier Beortegi por unanimidade. VÍDEO NO INTERIOR.
Investigan seis funcionarios de Teixeiro por torturas
A Fiscalía, pola súa banda, acusa tres deles por un delito de "lesións". Catro dos funcionarios foron sancionados previamente após a investigación interna realizada por Institucións Penitenciarias.
A prisión de Teixeiro, baixo sospeita por torturas
Esculca insta o Comité europeo de prevención a visitar o penal galego coincidindo coa súa estadía no Estado español. Unha iniciativa que apoian as forzas da oposición e que xa solicitou o grupo parlamentar do BNG.
Verifican máis de 5.000 casos de torturas en Euskal Herria
A Euskal Memoria Fundazioa vén de alertar de 1.007 novos casos de tortura verificados en Euskal Herria, unha cifra que ascende a 5.022 casos de torturas no seu total. A meirande parte derivarían de detencións da Policía e da Garda civil.