tren

SOCIAL

A Plataforma en defensa do tren denuncia que os trazados na Galiza foron feitos ''para primar a comunicación con Madrid''

Convocan unha concentración "contra a privatización do ferrocarril e a segmentación de Renfe e Adif que proxecta o goberno do Estado". Será ás 19.30h na estación de comboios de San Cristovo, na Coruña

Accidente tren Angrois
Galiza

O condutor do comboio sinistrado: ''Cando activei o freo era inevitábel xa''

Por volta de 50 minutos durou o interrogatorio que o fiscal Antonio Roma practicou a Francisco José Garzón, o maquinista do tren que descarrilou en Angrois a noite do 24 de Xullo. O traballador sostén que "aínda agora non comprendo" o acontecido e continúa a falar en presente: "a curva xa vexo que non a paso, non a paso, non a paso"

Galiza

Adif, Renfe e dúas aseguradoras persónanse no caso do tren sinistrado

Adif, Renfe e dúas aseguradoras persónanse no caso do tren sinistrado, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Efectivos xudiciais realizaron unha "dilixencia" co móvil do maquinista antes de este prestar declaración perante o xuíz.

accidente
Galiza

O comboio podía ir até a 220 quilómetros/hora a só 300 metros da curva da Grandeira

Segundo o Itinerario da Marcha do Alvia, o comboio que conducía Francisco José Garzón podía circular a unha velocidade de até 220 quilómetros/horas a apenas 300 metros da curva da Grandeira. Isto significa que a redución da marcha, dos 190 quilómetros/hora aos que declarou ir o maquinista aos 80 do límite de velocidade, se debería ter realizado nun tempo récord.

Galiza

O condutor do comboio premeu o botón de alerta antes de entrar na curva de Angrois

Na primeira reconstrución dos feitos, o maquinista dixo que se lle activou a luz de alerta no seu cadro de mandos e que ao momento comunicou que recibira a advertencia de que circulaba por riba da velocidade permitida. Mais o certo é que o tren non freou a tempo. Haberá que determinar agora se existiu algún tipo de fallo mecánico que impidese a redución de velocidade.

Galiza

Centos solidarízanse coas vítimas do Alvia nas estacións de comboios do país

O pobo galego quixo render homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois enchendo as estacións ferroviarias de solidariedade

Galiza

Declara como imputado o condutor do tren que descarrilou en Compostela

O Tribunal superior de xustiza de Galiza emite un comunicado para desmentir as informacións que sinalaban que o maquinista fora posto a disposición xudicial. Renfe descarrega sobre el toda a responsabilidade do sinistro sinalando que non viu o límite de velocidade por "un despiste"

Galiza

A falta dun dispositivo de seguridade avanzado, chave da catástrofe ferroviaria de Santiago

A catástrofe tivo como orixe o exceso de velocidade, isto é, un fallo humano. Mais o accidente resultou nun desastre case sen precedentes pola ausencia dun dispositivo de seguridade de última xeración -o sistema coñecido como ERTMS- no tramo no que o Alvia descarrilou. Ao non estar instalado o ERTMS, o tren non foi freado de forma automática, o que precipitou e agravou a traxedia.

O momento en que o tren descarrilou
Galiza

O momento en que o tren descarrilou

Vídeo que recolle as imaxes do accidente que se tornou en traxedia
Accidente tren Santiago
Galiza

Accidente tren Santiago

Un usuario subiu un vídeo a internet en que se recollería o momento do accidente do tren en Angrois.
Galiza

O comboio sinistrado en Angrois tomou a curva a 190km/h nun tramo onde a velocidade máxima son os 80km/h

Así o confirmou o condutor nunha comunicación por radio coa estación. A información foi confirmada polo Tribunal superior de xustiza de Galiza, namentres a subdelegación do Goberno español eleva a cifra de mortes a 78. Faltan aínda dous vagóns por inspeccionar 

Galiza

Fomento implementou en 2006 o sistema de freado ERTMS, mais non o fixo no tramo do sinistro

Na curva da Grandeira, o tramo onde se produciu o sinistro, a 4 quilómetros da chegada a Compostela, o sistema ERTMS que tería freado o comboio que viña de Ourense deixa de estar operativo, malia que a liña segue a ser de alta velocidade. Porén, o Goberno español ten implementado este dispositivo noutras liñas, como as de cercanías de Madrid

Desde a beira do Miño co tren

Estamos no mes de xullo e quero recomendarlles unha viaxe en tren. Aproveiten, fagan que o tempo o permita, róubenlle algún día de verán a esa xornada laboral, que cada vez escraviza máis; róubenllo ao almanaque dos días sen marcar, mudos e parados, en que se ven reflectidos; róubenllo á alegría do verán en compaña feliz e multiplicarán esa alegría; róubenllo á desidia, ao desespero, á indignación; rouben polo dereito noso a non perder o tren.... Recoméndolles que se acheguen a  Guillarei, unha das tres estacións do Concello de Tui, merquen billete para Ourense e déanlle sentido a canción que de seguro han coñecer de “o tren que me leva pola beira do Miño”.

tren
POLÍTICA

'Que non nos rouben o tren': campaña do BNG perante os recortes ferroviarios do PP

Impulsada polo BNG, a iniciativa denuncia uns recortes que veñen de supor a perda de 50 trens semanais e peche de 22 estacións. Aliás, reclama as competencias plenas para a constitución dunha compañía ferroviaria galega.

Galiza

BNG abre unha ofensiva institucional nos parlamentos autonómico e estatal en defensa do tren galego

@s nacionalistas queren frear os plans de Fomento de suprimir servizos ferroviarios e demandan a transferencia a Galiza das competencias

Galiza

A ministra Ana Pastor nega na RG que vaian desaparecer liñas de tren

A ministra de Fomento, Ana Pastor, negou na entrevista deste domingo na Radio Galega que vaian desaparecer liñas de tren. Pastor asegurou que no 2018 o AVE chegará a Galiza e que o obxectivo é comunicar todas as cidades. 

Galiza

A Plataforma pola mobilidade denuncia desmantelamento do tren e peche de 30 estacións

A Plataforma pola mobilidade sostíbel da Coruña denuncia a supresión de servizos de tren e o peche de 30 estacións. Lamenta o “retroceso” despois do anuncio de Renfe do que chaman “desmantelamento progresivo da rede ferroviaria

tren
SOCIAL

Renfe estuda suprimir 49 servizos de tren rexional en Galiza e manter só as liñas A Coruña-Vigo e Santiago-Ourense

Desaparecerían aquelas cunha ocupación por baixo do 15%, unha decisión que deixaría sen servizo a varias estacións galegas, segundo desvela El País

 

Ferrol
SOCIAL

Concentración en Ferrol contra o trazado sur do tren ao porto exterior 

Ducias de persoas concentráronse na Praza de Armas para denunciar o impacto social e ambiental dun proxecto que afectaría á enseada da Malata e á propia Ría

Manifestación en defensa dos camiños de Ferro
POLÍTICA

“O veto da policía foi unha anécdota, o relevante é que temos o mesmo tren que hai un século"

Falamos con Secundino García, alcalde de San Sadurniño. Vetado no acto de conmemoración dos 100 anos da chegada do tren a Ferrol a policía española mesmo lle preguntou “de que partido é” para lle denegaren o acceso ao recinto.