Tribunal Supremo

Fachada do Tibunal Supremo. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
SOCIAL

O Supremo avala as rebaixas de pena nas condenas firmes pola lei do 'só si é si'

O TS desatende o criterio fixado polo fiscal xeral, a favor de manter as penas antigas.

Sede do Tribunal Supremo, en Madrid. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Supremo avala as rebaixas de penas nas condenas firmes pola lei do 'só si é si'

A Sala do Penal do Tribunal Supremo deu esta cuarta feira o seu aval ás rebaixas de penas aplicadas nas revisións de condenas firmes tras a entrada en vigor da lei do 'só si é si'. Deste modo, acordou rexeitar os recursos expostos pola Fiscalía, que postulaban o incremento das penas, coa excepción das penas accesorias dos dereitos á patria potestade, tutela e curatela.
Os bombeiros reuníronse esta segunda feira en Santiago (Foto: Arxina).
star
TRABALLO

Bombeiros comarcais irán á folga para exixir máis persoal e melloras laborais

Sindicatos alertan do feche de parques do servizo de extinción pola falta de contratación. Desde marzo o parque de bombeiros de Vilagarcía fechou unha ducia de veces por falta de persoal, unha situación que se repite noutras localizacións. Para exixir máis profesionais e unhas mellores condicións laborais, bombeiros comarcais irán á folga indefinida.
Sede do Tribunal Supremo, en Madrid. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Supremo declara ilegal a espionaxe dunha empresa a un empregado para comprobar a lexitimidade dunha baixa laboral

Segundo recolle a sentenza, a empresa contratou un detective privado que fixo fotografías do home "realizando en numerosas ocasións (polo menos durante sete días e en xornadas de varias horas) labores de esforzo no xardín e na horta da súa casa".
Alfonso Rueda e Francisco Conde esta quinta feira (Foto: Xunta da Galiza).
Xustiza

A Xunta non acepta a sentenza contra o parque eólico Campelo, de Greenalia, e recorrerá ante o Supremo

"Hai aspectos que non entendemos e que hai que aclarar", xustifica o vicepresidente Francisco Conde.
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García (Foto: UUAA).
ECONOMÍA

Unións Agrarias defende a Lei da Cadea Alimentaria no Supremo

A patronal leiteira pretende tombar a normativa da cadea alimentaria.
Sede do Tribunal Supremo, en Madrid. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Tres anos de cárcere e sete de inhabilitación para un médico do Sergas que cobraba por certificados de defunción

O Supremo ratifica a sentenza que condena un doutor de Pontevedra que se lucrou con este trámite totalmente gratuíto para a cidadanía.
Imaxe de arquivo do Tribunal Supremo, situado en Madrid. (Foto: albTotxo)
Xustiza

O Supremo rebaixa en sete anos a pena a un condenado por agresión sexual a menores

O alto tribunal aplica a Lei de 'só si é si' para mudar a pena inicial de 19 anos a 12 para un home condenado por abusar dos seus sobriños-netos, menores de idade no momento dos feitos.
Arriba á esquerda, a demarcación noratlántica para situar a eólica mariña, e á dereita a demarcación levantino-balear. Abaixo, a demarcación do Estreito e Alborán e á dereita, a demarcación canaria (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Supremo admite o recurso do sector pesqueiro contra os plans de eólica mariña

A Plataforma en defensa da pesca pedirá a suspensión cautelar dos POEM.
Retirada da cruz franquista de Callosa de Segura, en 2018, un caso sobre o que o Supremo sentará xurisprudencia. (Foto: RTVE)
MEMORIA E HISTORIA

O futuro das cruces que enxalzan os "caídos" das tropas franquistas, en mans do Supremo

A do Castro de Vigo foi unha das cruces que máis polémica suscitou nos últimos anos, chegando o asunto ao Tribunal Constitucional. Agora será o Supremo o encargado de sentar xurisprudencia no caso dun municipio alacantino do que se retirou un símbolo de características semellantes.
O fiscal de Sala Ángel Javier Muñoz durante a súa promesa. (Foto: Poder Xudicial)
Xustiza

O Supremo adía a xuño a fixación de doutrina na lei do 'só si é si'

O BNG presenta emendas para pór o consentimento no centro

E se houbese "sedición constitucionalista"?

O antigo presidente do grupo Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, durante o xuízo que decorreu en 2019 na Audiencia Nacional. (Foto: Pool)
Xustiza

Fernández de Sousa entrará en prisión nos próximos días polo 'Caso Pescanova'

O Tribunal Supremo confirma que o ex directivo falseou as contas da empresa.
Manuel Fernández de Sousa, primeiro pola esquerda, no banco dos acusados durante o xuízo. (Foto: Pool vía Europa Press)
Xustiza

O Supremo rexeita aclarar a sentenza contra Fernández de Sousa, que entrará en prisión "nos próximos días"

A defensa do ex presidente de Pescanova mantén que o Supremo "non ten razón" e estudará a posibilidade de acudir ao Constitucional.
Sede do Tribunal Supremo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Parte da pensión de xubilados de banca non tributa no IRPF segundo o Supremo

O Alto Tribunal desestima un recurso de casación do Avogado do Estado
Vista da factoría de Ence en Pontevedra. (Foto: Europa Press)
Medio Ambiente

Greenpeace recorrerá no TC a sentenza favorábel a Ence

"Todo o que rodea o 'caso Ence' cheirou sempre moi mal", denuncia Manoel Santos, coordinador da organización ecoloxista na Galiza.
A compañía gasolineira Galp obrigou o seu persoal a deixar constancia destes descansos. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O Supremo pronúnciase contra a 'pausa para o café': as empresas poden obrigar a fichar porque "non é tempo efectivo de traballo"

O alto tribunal rexeita un recurso de CCOO contra unha serie de medidas impostas pola compañía gasolineira Galp.
Ence (Foto: Europa Press).
Xustiza

Quen son os maxistrados que están detrás da sentenza favorábel a Ence?

A sala quinta do contencioso administrativo do Tribunal Supremo (TS) aceptou o pasado 7 de febreiro o recurso de Ence contra a sentenza da Audiencia Nacional de 16 de xullo de 2021, que declaraba nula a prórroga concedida á pasteira en 2016 polo Goberno español en funcións de Mariano Raxoi para se manter na ría de Pontevedra até 2073 e consideraba ilegal o seu emprazamento.

O rexedor da cidade de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no seu gabinete. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
SOCIAL

O Concello de Pontevedra buscará "todas as vías posíbeis" para sacar Ence da ría

O alcalde de Pontevedra asegurou estar "convencido, e cada vez máis", de que "non hai desenvolvemento económico nin de emprego sen respecto polo medio ambiente".
Unha muller embarazada. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Supremo rexeita os permisos dobres para familias monoparentais

Os maxistrados da Sala do social do tribunal desestimaron a petición dunha nai dunha familia monoparental que solicitou unha prestación polo nacemento e coidado do seu fillo adicional á que gozara.