Tui

O profesor da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco.
Axenda

Conferencia en Tui sobre a figura de Rosendo Salvado

A conferencia "Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI" de Albino Prada terá lugar na aula UNED de Tui
Os integrantes do grupo: Nacho Muñoz, Faia Díaz e Lareira Legido.
Axenda

Concerto en Tui: o grupo Nacho Faia Lar tocará na cidade

Nacho Faia Lar presentan "De não saber o que me espera" no Teatro Municipal de Tui
Pakolas co seu rock para xente miúda.
Axenda

Concerto en Tui de Pakolas: “Ramona órbita“

Pakolas achega a Tui o seu novo espectáculo musical, que poderá verse na Carpa da Corredoira
Abracadaver achegará o seu espectáculo a Tui.
Axenda

Circo en Tui: "Abracadaver" de Assircópatas

"Abracadaver" é o novo espectáculo da compañía galega de circo Assircópatas
A cofundadora do festival de cinema documental Play-Doc, con Artavazd Pelechian, director armenio (Foto: Tamara De La Fuente).
CULTURA

Sara García: "No Play-Doc imos recuperar e mostrar verdadeiras lendas do cinema documental"

O festival de cinema documental Play-Doc de Tui volve do 4 ao 8 de maio. O evento ten aberto o prazo de inscrición para dúas das súas actividades formativas e vén de anunciar catro retrospectivas que recuperan a obra de Helke Misselwitz, Danny Lyon, Richard P. Rogers e António Campos. Nós Diario conversa sobre o festival e as actividades programadas coa súa codirectora, Sara García. 
Antigo cárcere do Partido Xudicial en Tui. (Foto: @fotosantiguastuy)
MEMORIA E HISTORIA

Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-39)

No cárcere do Partido Xudicial, en Tui, foron ingresados moitos homes e mulleres tralo golpe de Estado de 1936. A rabiosa presión exercida sobre as mulleres foi unha das tácticas seguidas polos sublevados para a imposición do terror, do medo e mais do silencio.
Presentación da XII Semana de Teatro Amador en Tui. Foto: Concello de Tui.
Axenda

San Fins de Rebordáns na XII Semana de Teatro Amador en Tui

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns é un dos grandes protagonistas da nova edición da semana do teatro
O certame será en Sevilla (Foto: Fegapi).
DEPORTES

As padexeiras do país representan 32% do total no Estatal de Inverno

O Campionato de España, escaparate galego.
d2f5b552-28d1-4eb5-8a83-bb5d73084343-min
MEMORIA E HISTORIA

Sobredo lembra os seus ‘mártires’

Sobredo, sempre

sobredo
MEMORIA E HISTORIA

Sobredo lembra os seus ‘mártires’: 99 anos do asasinato de Cándida, Joaquín e Venancio

Máis un ano, este lugar de Tui acolle unha xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros.

Cartel promocional do evento. (Foto: Vertixe Sonora)
CULTURA

A música contemporánea chega ás cidades de Pontevedra, Vigo e Tui

Este sábado comeza o Festival Vertixe Sonora.
Ana Domínguez prepara as proxeccións da súa intervención, as únicas exhibidas directamente en celuloide. (Foto: Tamara de la Fuente)
star
Reportaxes

Cando o cinema habita a rúa: Un paseo polo Play Doc

Un ano máis, o Play Doc de Tui colocou Galiza no epicentro audiovisual coa súa arriscada aposta na vangarda documental. Aliás, repetiuse unha experiencia pouco común, que malia ter a súa orixe marcada pola pandemia semella con forza para ficar: os Cinema-Percorridos. Esta sorte de roteiros estéticos a través da vila sacan fóra das salas a creación fílmica, traballan o patrimonio inmaterial da veciñanza a través do vídeo doméstico e poñen en valor a arquitectura da contorna.
Imaxe do artigo sobre o Play Doc. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza pasea por Tui guiado polo festival Play Doc

Aliás, no número deste sábado, atoparás unha entrevista ao fundador do Ciemen, Aureli Argemí, e unha homenaxe a Marcial Valladares a través da reedición de 'Maxina ou a filla espúrea'.
En Tui poderá verse unha retrospectiva dedicada a Manfred Kirchheimer.
O festival anuncia o seu programa

Play Doc: unha mirada diferente ao cinema

Despois dun ano difícil por mor da pandemia, o Play Doc de Tui rescata os sinais de identidade que o fan recoñecíbel desde a súa primeira edición: recuperación de clásicos esquecidos, atención a figuras do cinema máis heterodoxo, seguimento da actualidade internacional e acompañamento do cinema galego máis atrevido. O festival constitúe xa un piar fundamental da configuración do sistema cinematográfico galego, cun público fiel e unha mirada ben recoñecíbel que o sitúa na vangarda da creación fílmica. 
 
Tui, a cidade onde Witiza instalou a súa corte. (Foto: Luís Miguel Bugallo)
MEMORIA E HISTORIA

O decisivo reinado de Witiza para a Galiza

É vítima das críticas da historiografía españolista porque representa unha acción de goberno heterodoxa. O seu reinado evidencia a existencia da Galiza como unha realidade diferenciada e o apoio dos galegos á alternativa deste monarca dá a chave para entender a historia do país no axitado século VIII ibérico.
Un fotograma de 'Cranes', de Manfred Kirchheimer. (Foto: Play-Doc)
CULTURA

O Play-Doc de Tui homenaxeará Manfred Kirchheimer e Bette Gordon

Presentará retrospectivas das súas obras por primeira vez no Estado.
Manuel Rodrigues e Enrique Cabaleiro na presentación. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Mumi 2021, música galega e portuguesa á beira do Miño

O Arquivo Municipal de Valença (Portugal) foi o escenario da presentación do Mumi 2021, encontro de Músicas do Minho.
Domingo Páramos Núñez (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

A familia dun represaliado de Tui reclama o traslado dos seus restos do Val dos Caídos á Galiza

A familia de Domingo Páramos Núñez, asasinado polos falanxistas en 1936, pediu onte no pleno do Concello de Tui axuda para poder recuperar os restos de quen foi o "ferreiro de Caldelas" do Val dos Caídos. De implicarse, o concello sería o primeiro da Galiza en solicitar os restos.
Tímpano Herodes, Epifanía. (Foto: Carlos L. Bernárdez)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Os comezos do gótico galego e o portal da catedral de Tui

Os inicios do gótico galego teñen no portal occidental da Catedral de Tui un capítulo fundamental. Entre 1225 e comezos da seguinte década varios obradoiros de orixe non galega, con claras referencias estilísticas e iconográficas ligadas ao gótico temperán francés, introducen importantes novidades escultóricas que fan da de Tui a primeira portada gótica peninsular, coas figuras das xambas tratadas como auténticas estatuas e cun ciclo narrativo organizado en rexistros superpostos no lintel e o tímpano.