Boroa - 'Naos'
O' Clásico Fol é o traballo co que se presenta o novo proxecto musical liderado por Sabela Olivares, a cargo da gaita, piano, pandeireta e voz, canda Suso Bello —guitarra e voz— e Alberto Millán —baixo—: Boroa. A súa música, explican, "xira arredor da funcionalidade e versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI". Conta, aliás, con colaboracións como a do músico de jazz Xosé Miguélez. Así soa o tema Naos, publicado esta mesma sexta feira acompañado do videoclip que se reproduce a continuación.
Grande Amore - 'Pelea'
O artista Nuno Pico, coñecido no panorama musical como Grande Amore, publica o primeiro adianto de II, que será o seu segundo disco após Grande Amore, o álbum co que se presentou en solitario tras o seu paso como vocalista pola banda Oh! Ayatollah. "Pelea é revolucionaria. Unha catarse. Grande Amore presenta, con sons punk-rock e arranxos electrónicos, aos demos de toda unha xeración. É rexeneradora, necesaria. Denuncia a situación precaria do panorama actual, e a pelexa interna constante para soportala sabéndose parte", explican desde a produtora Ernie Records.
O programa 'Acordamos' recupera a historia da República da Illa de Arousa, a Fraternidade Mariñeira ou os mártires de Sobredo
Alba Domínguez: "Os videoclips son un formato moi libre que permite gañar experiencia rapidamente"
Rebeliom do Inframundo - 'Ti'
Ortiga & Pili Pampín - 'O galo (Remix)'
Sons techno e guaracha colombiana mesturados con música galega popular protagonizan O galo (Remix), o tema que presentan Ortiga e Pili Pampín para achegar á actualidade unha mistura de clásicos de onte "aderezados coa electrónica máis actual", algo inédito até o momento, sinalan desde a súa produtora musical, Ernie Records.
"Ortiga e Pili Pampín levan case un ano rompendo esquemas. E isto é só o comezo. O artista, O Chicho do Funk, unha das mentes máis avanzadas e transversais da música contemporánea, e Pili Pampín, unha das cantantes máis icónicas da música galega, demostraron unha capacidade insólita de retroalimentación entre sons que parecían afastados e que agora xa non poden entenderse por separado", afirman.
Após triunfar coa súa versión 'modernizada' do clásico Eu chorar, chorei, dan unha nova forma ao Galo que Pampín leva anos interpretando nos escenarios. Antón Miranda e Xaime Miranda foron os encargados de crear o videoclip de animación que acompaña esta canción e que está inzado de chiscadelas ao anime dos anos 90.
O grupo Tecor Societário estrea novo videoclip
Seso Durán - 'A voz interior'
Xavier Portas - 'Reimaginar o Passado'
O artista Xavier Portas, natural de Ponteareas, vén de presentar o seu último traballo musical, o disco Cidade da Utopía, que xa está dispoñíbel en YouTube e outras plataformas de reprodución en liña. "Este novo álbum quere dar continuidade ao anterior nunha vertente non tan explorada na música galega: a do new classical ou instrumental de ambiente, e chegar a máis xente dentro e fóra do país", explica.
Con este segundo disco, Portas adéntrase en novas sonoridades, "por veces máis escuras e hipnóticas e que en parte deben máis ao cinema e á música para a escena", apunta. Aliás, a presenza das guitarras é "lixeiramente inferior" nesta nova proposta, "gañando terreo outro tipo de sonoridades, como as voces de coro e orquestra". "A intención é abrir novas saídas á música dentro de formas eclécticas", conclúe o artista.
Tanxugueiras – 'Pano Corado'
Ith con MercedesPeón - 'Medo a perder'
A banda de rock ITH vén de presentar o videoclip do tema 'Medo a perder', con Mercedes Peón, que "dedica" aos colectivos veciñais contra os 'macroeólicos' para "denunciar o que grandes compañías e multinacionais do sector eléctrico pretenden facer no rural galego, o espolio das nosas terras para colocar macroeólicos de forma indiscriminada e acabar coa vida, a natureza, a paisaxe natural e o sector gandeiro, así como perpetuar a tendencia á despoboación e, en definitiva, sentenciar o futuro do rural de forma irreversíbel", sinala.
"OG", de Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova
Deleiba presenta o seu rock galego máis "positivo"
Midas, novo videoclip de Tanxugueiras
A Banda da Loba: 'Adondar a lingua'
O tacto da fariña nas mans, o sal na punta da lingua e o arrecendo do fermento. Ver como o aire vai inzando a masa lentamente e o son do lume vai quecendo o forno. Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua.
Con estas palabras presentou a A banda da Loba este novo videoclip nas súas redes sociais. Adondar a lingua é un tema recollido no seu segundo CD, "Fábrica de luz", que a banda publicou en decembro de 2019. A letra desta canción está inspirada nun videopoema de Celia Parra.
Ficha técnica:
Letra e música: A banda da Loba inspirándose no poema "Adondar a lingua" de Celia Parra
Videoclip gravado, editado e dirixido por Celia Parra
Audio gravado e mesturado en Estudios Abrigueiro por Arturo Vaquero
Colaboracións (para o cuarteto de corda): María G. Blanco, Alba Novoa e Margarida Mariño