Galiza pola Soberanía convida a participar un vídeo colectivo para emitir o 12-O
A xestora de Galiza pola Soberanía convida a colaborar nun vídeo colectivo que se porá en circulación o próximo día 12 de outubro ás 12 horas na rede. As persoas participantes terán que enviar filmacións de cinco segundos de calquera lugar do país no que faixas, pancartas ou cartaces recollan o lema Galiza pola Soberanía.