violencia machista

Uxía - Amores que matan
CULTURA

Así soa 'Amores que matan', o novo tema de Uxía

“Amores que matan” é unha peza que Uxía compuxo como desagravio a tantas mulleres que son víctimas da violencia machista, "ás que xa non están e ás que saen adiante co apoio de todas nós, coa vontade férrea de denunciar, ser libres e non morrer en vida". Unha composición musical que conta co arranxo da viola caipira de Sérgio Tannus, acompañada dun fermoso e descritivo vídeo da man de Conchi Carro.
 
Centos de persoas saíron as rúas de Vigo neste 25-N. (Foto: Adrián Irago  Europa Press)
SOCIAL

Miles de persoas volveron saír ás rúas contra a violencia machista

A manifestación de Vigo proclamou "menos luces e máis recursos"

Centos de persoas saíron as rúas de Vigo neste 25-N. (Foto: Adrián Irago  Europa Press)
SOCIAL

GALERÍA | Así decorreu o 25-N na Galiza: declaracións institucionais, performances, andainas e manifestacións

Dúas mulleres, ás portas dos xulgados de Compostela, para o cal se reclama un xulgado comarcal exclusivo con Negreira, Padrón e Ribeira. (Foto: Arxina)
star
25-N

Por que son importantes os xulgados especializados en violencia de xénero?

A comarcalización dos xulgados de violencia sobre a muller é unha medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero de 2017, unha fórmula que se comeza a explorar na Galiza e que incentiva as denuncias, a persecución e a investigación do delito.

Violencia política

Acto performativo polo 25-N de estudantes do IES de Chapela, Redondela (comarca de Vigo), esta sexta feira. (Foto: IES de Chapela)
25-N

Institucións e centros de ensino urxen combater o terrorismo machista

Concellos, Deputacións e Universidades uniron forzas polo 25-N.
José Ramón Gómez Besteiro, esta sexta feira en Gondomar (comarca de Vigo). (Foto: Nós Diario)
25-N

Besteiro chama a loitar contra a violencia machista "os 365 días do ano"

O PSdeG salienta a educación e o compromiso con motivo do 25-N.

Noa Presas, Ana Pontón e Goretti Sanmartín, esta sexta feira, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
25-N

"Detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista": o lema do BNG para o 25-N

Pontón apela a combater o "negacionismo" da dereita e da extrema dereita.
Rolda de prensa da Plataforma Feminista de Lugo, hoxe. (Foto: Europa Press)
25-N

Feministas chaman a denunciar os "silencios cómplices" da violencia machista

"Lembremos o caso da nena de Baleira que estivo desde os 7 aos 13 anos violada pola súa familia nun pobo. Como é posíbel que se cubrise con silencios cómplices tal barbaridade?", cuestionan desde a Plataforma Feminista de Lugo.
Asemblea en Compostela de traballadoras do servizo de axuda no fogar (Foto: Nós Diario).
star
25-N

As mulleres que traballan nos coidados a domicilio, as máis vulnerábeis ao acoso sexual

A violencia contra as mulleres nos postos de traballo é cada vez máis visíbel, entre outras cuestións, polo apoio sindical ás vítimas e as campañas que promoven que as agresións sexan denunciadas. O servizo de axuda no fogar (SAF) centra as denuncias a este respecto, destacan os sindicatos. 
Axentes policiais recollendo mostras no lugar no que apareceu o corpo da muller. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

A muller atopada morta no Porriño é unha veciña de Vigo de 37 anos cuxa desaparición non fora denunciada

Unha foto e unha tatuaxe permitiron unha primeira identificación, que foi confirmada logo a través das impresións dixitais

8M 2
star
Reportaxes

Previr as violencias machistas desde as aulas

A violencia de xénero é un problema global que se debe previr coa coeducación desde idades temperás. Á hora de abordar este asunto, cómpre sinalar o aumento da violencia sexual na adolescencia e a falta de recursos para combater as actitudes misóxinas, que van en aumento, especialmente o papel da 'manosfera' na propagación de discursos antifeministas. Malia os desafíos, destaca a necesidade de esforzos coordinados e a esperanza en iniciativas educativas como Comando Igualdade.
Manifestación do Día Internacional contra a Violencia Machista, o 25-N de 2022 en Vigo.  (Foto: Javier Vázquez-Europa Press)
star
Reportaxes

Desigualdade e violencia: feminismo tamén no ámbito laboral

Hoxe, e cada 25 de novembro desde 1960, o feminismo denuncia a persistencia das violencias machistas que impiden que as mulleres teñan unha vida digna e libre. Porén, aínda que estamos ante unha data asumida polas institucións, non se están poñendo todos os medios necesarios para pórlle freo á violencia machista, ferramenta do sistema patriarcal que somete as mulleres. Mostra disto é a persistencia, aínda a día de hoxe, de desigualdades no ámbito laboral, algo patente, por exemplo, na existencia de diferenzas salariais entre homes e mulleres. 
o porriño violencia machista
SOCIAL

Investigan como posíbel violencia machista a morte da muller que apareceu no Porriño, cun pano na boca

A vítima tiña introducido un corpo estraño na boca, un anaco de tea, posibelmente un pano. Varias fontes apuntan a que a vítima pode ser unha veciña de Vigo que levaba varios días desaparecida.

 

Contra o silencio

Os equipos masculino e feminino do Pescados Rubén Burela, onte, dicindo 'non' ao machismo.
DEPORTES

O deporte une forzas conta a violencia machista polo 25-N

O mundo do deporte non é alleo á realidade que o rodea e na que se desenvolve. Por iso, atletas, clubs e institucións das máis diversas categorías, niveis e disciplinas xuntarán as súas mans ao longo de toda esta fin de semana para mostrar a súa repulsa á violencia contra a muller co gallo da efeméride do 25-N.
O acompañamento das vítimas e dos seus fillos e fillas menores é un dos reclamos máis frecuentes das vítimas. (Foto: Nós Diario)
25-N

Tempo e apoio, piares para recuperarse da violencia machista: "Superar o medo, a culpa e a vergoña é moi complicado"

As redes veciñais acompañan as vítimas na súa recuperación social, psicolóxica e laboral.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
Agora

Ana Miranda advirte da negación da violencia de xénero pola extrema dereita

No debate sobre o Día Internacional Contra a Violencia Machista que tivo lugar esta quinta feira na Eurocámara a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres (dúas na Galiza das 51 no Estado español no que vai de ano), “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”. Pese aos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos de extrema dereita”, alertou a eurodeputada nacionalista, que criticou ademais a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan.

A reparación das vítimas menores da violencia machista require tempo e intensidade. (Foto: Nós Diario)
25-N

Menores e vítimas: a violencia contra a rapazada perpetúase se non se repara

Todas as persoas menores de idade que viven en contextos de violencia son consideradas vítimas. As últimas reformas legais son moi claras neste sentido e chaman a unha maior protección de crianzas e adolescentes.
Xornalistas e comunicadoras galegas denuncian as violencias sufridas no exercicio da súa profesión. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

"Un xefe obrigouna a ter sexo con el baixo presión": 127 xornalistas denuncian estes casos de acoso sexual e violencia machista

Comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, fontes violentas, bolseiras acosadas e abusos de poder son algunhas das agresións que relatan as participantes. 60% das consultadas traballa no ámbito da televisión, dos gabinetes e da prensa escrita, aínda que hai representación de todos os formatos e medios.