violencia

OPINIÓN

Acusan á Xunta de ‘’escatimar’’ axudas ás vítimas da violencia de xénero

A deputada socialista Carmen Acuña acusa o goberno galego de deixar ‘’sen axudas específicas” das mulleres que as solicitan.

SOCIAL

A violencia machista deixa máis unha muller asasinada

O home contaba cunha orde de afastamento e suicidouse despois de matala en Cubillos do Sil (O Bierzo).

SOCIAL

Aumentan as denuncias por violencia machista no Estado

Na Galiza o Sergas rexistrou en 2013 perto dun milleiro de informes por lesións, a maior parte en mulleres de 20 a 24 anos. No conxunto do Estado producíronse no primeiro trimestre de 2014, 338 denuncias ao día.

violencia machista
INTERNACIONAL

Asasinada unha muller de 24 anos e o seu compañeiro nun novo caso de violencia machista

No que vai de ano suman xa 37 os asasinatos machistas no conxunto do Estado español, 5 deles en Galiza. O último caso aconteceu esta segunda feira en Madrid. 

violencia_dentro
SOCIAL

Máis unha muller asasinada pola violencia machista

Aconteceu na Coruña. O home tirou do vehículo en marcha á muller quen xa o denunciara  en anteriores ocasións, igual que outras parellas. 

INTERNACIONAL

Máis unha muller asasinada pola violencia machista

Aconteceu en Medina del Campo (Valladolid) onde M.H.C.L. foi asasinada polo seu ex-compañeiro cun tiro na cabeza.

Se queren falar de violencia, falemos da barbarie

Señoras e señores do Partido Popular: non poden nin poderán nunca negar que vostedes pertenecen a un partido que foi fundado por un home que exerceu de ministro dun réxime que naceu dunha sublevación militar que causou milleiros de vítimas, mortes, barbarie, terror, exilio e represión, por un home que perteneceu a un réxime que tivo as súas orixes nun sanguento golpe de estado, ao que seguiu unha auténtica guerra de exterminio contra persoas civís desarmadas, contra homes e mulleres que están aínda no corazón e na memoria viva de moitos e moitas de nós: Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Víctor Casas… 

terrorismo machista
SOCIAL

Galiza Nova lembrou cunha performance as mulleres asasinadas pola violencia machista

A Asemblea de Mulleres da organización xuvenil do BNG lembrou as 5 mulleres que foron asasinadas no Estado español nas últimas 48 horas e denunciou a inacción dos gobernos español e galego perante a violencia machista. Vídeo no interior.

violencia
SOCIAL

Feministas din que o estudo da UE confirma as súas denuncias e a "hipocresía social"

A Axencia dos dereitos fundamentais da UE editou o primeiro informe sobre violencia machista nos Estados membros. Desde o movemento feminista de Galiza subliñan que os resultados "veñen a confirmar" as súas denuncias mais tamén "a hipocrisia social na que vivimos".

Represión, Revolución, Violencia

Despois dunha semana de reflexión, lectura de opinións diversas e contrastadas sobre a folga estudantil na Galiza do pasado 20 de febreiro, cómpre facermos valoración sobre os resultados desta xornada, os nosos inimigos e os feitos acontecidos. 

INTERNACIONAL

TVE a unha muller maltratada: ''Ou se presenta unha denuncia ou se cala para o resto da vida''

A presentadora do programa Entre Todos, da televisión pública española, manda calar unha testemuña cando dá a entender en directo que o seu home lle pegaba. "Estas cousas non as podemos contar así", interrompe Toñi Moreno, após dicir á muller que "quen máis perdeu fuches ti porque agora non estás co amor da túa vida".

Galiza

Máis unha muller asasinada na Galiza

A policía considerou a desaparición de María Jiménez como "de alto risco" porque tiñan constancia "por terceiras persoas" de que no ano pasado sufriu un episodio de maus tratos. Ninguén denunciou. O home xa confesou que a asasinou após levala á forza da casa familiar e que o corpo podería estar nas inmediacións de Teixeiro. 

Marta Rodríguez-Vispo
POLÍTICA

O PP rexeita o carácter estrutural da violencia machista: "non nos parece que mesturar tantos temas sexa bon"

En comisión parlamentar o grupo popular rexeitou abordar o carácter estrutural da violencia machista argüíndo que o tratamento de "temas tan dispares" faría "diluír" o obxecto de estudo da comisión.

rede feminista
SOCIAL

O feminismo revólvese contra a violencia machista

Concentracións de repulsa polas dúas mulleres asasinadas en Cervo están convocadas para esta quinta feira nas cidades do país. Nos últimos tres días suman 4 as mortas no conxunto do Estado pola violencia machista. Horas e lugares das concentracións no interior.

violencia machista
SOCIAL

O feminismo sairá á rúa contra a violencia machista

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración esta segunda feira perante o edificio do MARCO en Vigo (20.00 horas) após o último asasinato, acontecido en Marín. 

 

Galiza

Máis unha asasinada pola violencia machista

A muller foi asasinada en Marín por un home con antecedentes por violencia machista.

velaluz
SOCIAL

Velaluz retoma a folga de fame após a Audiencia Provincial da Coruña sobreser 5 casos de violencia machista

As mulleres que denunciaron aparecen nun vídeo difundido pola propia organización para denuncias que o xulgado de violencia de xénero da cidade herculina paraliza o 31% dos procesos. Interpretan o sobresemento como "unha clara represalia".

''Que os nosos corpos se indignen!''
SOCIAL

''Que os nosos corpos se indignen!''

Manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Vigo contra a violencia machista o 25N [GZ-Vídeo]
segur
SOCIAL

Violencia machista no traballo: "Pasádeme un cadrante para ver cando vos vén a regra"

É a petición formulada ás mulleres empregadas baixo as súas ordes polo coordenador da empresa Segur-Ibérica, vinculada ao ministro español de Defensa e adxudicataria do servizo de seguridade privada no aeroporto de Santiago. A mandatos deste tipo súmanse outros como a de ficar 12h de pé sen poder ir ao baño (tampouco os traballadores homes) ou a discriminación por ser lesbiana.

Capa_AFondo_SG74
Galiza

Unha ollada AFondo ás moitas caretas da violencia machista

Face o 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, presentamos un caderno monográfico arredor desoutras violencias moitas veces invisibilizadas. Xa á venda nos quiosques e librarías do país mais tamén na nosa loxa.