vítimas

caixa, méndez
Galiza

Méndez pide protección á Xunta e chama grupos de presión ás vítimas das preferentes

José Luis Méndez chama ás plataformas de afectad@s polas preferentes "grupos de presión", malia el mesmo ter liderado durante anos un lobby como o de Iñás. O ex director xeral da caixa que perdeu 1.800 millóns no tixolo durante a súa xestión comparecerá esta sexta feira xunto a Gayoso, Varela e Pego.

Galiza

Vítimas das preferentes “acampan” o sábado no Obradoiro

De 11 a 20 horas. Durante nove horas a Praza do Obradoiro sentirá a protesta das vítimas das preferentes de todo o país que desprazarán ao centro da capital galega na máis longa das súas mobilizacións. 

Uruguai
INTERNACIONAL

Milleiros marchan en Montevideo en silenzo para exixir xustiza para vítimas da ditadura

A 18ª Marcha do Silencio, convocada por familiares de desaparecid@s na ditadura militar, volveu reunir a ducias de milleiros para se mobiliar de noite e en silencio contra a impunidade. 

SOCIAL

Catro vítimas do calote das preferentes

Recollemos catro dos milleiros de historias que agochan as sinaturas de contratación das participacións preferentes e subvordinadas vendidas por Novacaixagalicia

Fernando Méndez
Galiza

''Os milleiros de vítimas do metílico ficaron esquecidas porque non tiñan poder para exixir responsabilidades''

Co xornalista Fernando Méndez debullamos o maior caso de envelenamento rexistrado no Estado español. Foi en 1963, en plena ditadura, e dos milleiros de mortes causadas o réxime unicamente recoñeceu 51. Medio século despois, as familias aínda agardan responsabilidades

Eu tamén son vítima dun plan para amedrentarme

Rematada a Semana Santa de Paixón, Morte e Resurrección, xa estou en disposición de confesar publicamente algo que a algunhas persoas ha sorprender: comprendo a mensaxe, letra por letra, palabra a palabra, frase por frase e mesmo desde a oración simple até a subordinada final, que o Presidente da Xunta pronunciou este 1 de abril nunha rolda de prensa para explicar a publicación dunhas fotografías súas marítimo-estivais en
Alcaldes BNG
Galiza

Manifesto das Alcaldías do BNG en solidariedade coas vítimas das preferentes e contra a lei da administración local

Alcaldesas e alcaldes do BNG reuníronse hoxe en Santiago para daren a coñecer un manifesto en solidariedade coas vítimas das preferentes e contra a lei da administración local que prepara o PP (por afortalar as deputacións e pór en risco a prestación de servizos básicos). Sobre as preferentes, as alcaldesas e alcaldes do BNG denuncian a drenaxe de 600 millóns de euros de Galiza ao Estado.

ECONOMÍA

Confírmase a estafa: as vítimas das preferentes perderán o 43% dos seus aforros

Fontes próximas ao Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria (FROB) anuncian que @s afectad@s polo calote das participacións preferentes e subordinadas perderán perto da metade dos seus aforros. O 57% da contía serán canxeadas en accións da entidade financeira. Fica por ver o grao de convertibilidade destes títulos en diñeiro efectivo. Pola súa banda, @s vítimas do calote no Banco Gallego afrontarán perdas do 50%.

ECONOMÍA

As vítimas do timo das preferentes presentan unha demanda colectiva pola nulidade dos contratos

A acción xudicial virá amparada polo comportamento que Caixa Galicia e Caixanova repetiron "masivamente" entre 2003 e 2009, facendo que entre as cen mil familias afectadas exista un patrón: eran client@s da entidade, confiaban no persoal das sucursais, eran aforrador@s e non recibiron toda a información sobre o produto
Palestina
INTERNACIONAL

Milleiros de crianzas vítimas da ocupación israelí

Malia violaren o dereito internacional e o propio ordenamento xurídico interno, as forzas armadas israelís deteñen e torturan unha media de dúas crianzas ao día nos territorios palestinos ocupados, moitas delas contan con tan só doce anos de idade.
Os guerrilleiros que fuxiron a bordo do Santa Teresa en 1946, descansando en Baiona.
MEMORIA E HISTORIA

A Mariña lembra as vítimas do fascismo

Na madrugada entre o 12 e o 13 de decembro de 1946, o Santa Teresa sae da praia da Abrela, no Vicedo, cun grupo de combatentes antifascistas de Ferrol e Viveiro a bordo. Avaríanse as caldeiras, o carbón é de mala calidade e o tempo non axuda. Despois dunha semana, conseguen aportar en Baiona. Esta arriscada fuga que case non chega a porto é lembrada por Antonio Paleo Saavedra, “Toñito de Maxina”, nunha carta.

MEMORIA E HISTORIA

A herdanza das vítimas da represión protagoniza o Día da Memoria en San Simón

Son as novas xeracións que gardan a memoria familiar da represión. Persoas que ouviron na casa historias terríbeis que lembraban o avó fusilado ou a nai nun campo de concentración. Fillos ou netas de persoas represaliadas protagonizan o Día da Memoria que organiza a Iniciativa Galega pola Memoria o próximo día 15 na Illa de San Simón.

Vítimas da beleza

 Trátase dunha reportaxe editorial dunha revista super ventas en Bulgaria que retrata o busto masacrado de seis modelos, baixo o título de “vítimas da beleza”.
Homenaxe da CG Folga Xeral 1901 A Coruña
MEMORIA E HISTORIA

A CGT lembra as vítimas da folga xeral de 1901 na Coruña

O sindicato realizará no cemiterio de San Amaro a tradicional ofrenda floral en lembranza d@s obreir@s vítimas daquela protesta.
Bandeiras da homenagem
MEMORIA E HISTORIA

Portugal homenaxea 56 vítimas da represión do 1936 na Galiza


Este sábado, 12 de maio, ás 15 horas portuguesas como estaba previsto comezaron os actos de homenaxe aos homes e mulleres mort@s polo franquismo na Galiza, na ponte Internacional de Monção, co descubrimento dunha placa en que figuran os nomes das 56 persoas homenaxeadas cunha referencia á terra da súa orixe cando esta se coñecer.