Barómetro de EM-Analytics (5 de febreiro): O PP volve a 39 escanos pero ten o último en todas as circunscricións
A entrega desta segunda feira do barómetro elaborado por EM-Analytics para 'Nós Diario' devolve o Partido Popular aos 39 escanos, dá un representante a DO e quítallo a Sumar. Porén, esta enquisa deixa tamén un escenario especialmente aberto, pois a formación liderada por Alfonso Rueda defendería o último escano nas catro circunscricións e, por tanto, ficarían no ar esas catro actas. Até o 12 de febreiro, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.