xornalismo

Singularidade, de Alicia Martín, no exterior da Cidade da Cultura.
Xornalismo

Un sistema mediático en mudanza

Os datos da evolución do ecosistema comunicativo nos últimos dez anos apuntan que sopran ventos que poden abrir espazos para unha reestruturación e cambio no sector das industrias culturais na Galiza, que leva máis de vinte anos nun proceso de renovación continua.

IMG_5490
Martxelo Otamendi, director do diario "Berria"

"A información bilingüe é un fracaso"

O xornalista Martxelo Otamendi (Tolosa, 1957) é o director do diario vasco Berria. Estivo á fronte de Egunkaria até que a Audiencia Nacional española decretou o feche do maior estandarte da cultura euskaldun en 2003. Conversamos con el sobre as orixes e o funcionamento de Berria e sobre xornalismo.

xornalistas galegas
SOCIAL

A asociación Xornalistas Galegas preséntase este sábado en Compostela

Este sábado, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o acto de presentación do colectivo formado por máis de 200 mulleres do sector comunicativo galego. Será ás 11 da mañá e estará aberto ao público.

 

A Nosa Terra
SOCIAL

O Consello da Cultura pendura 'A Nosa Terra' na Rede

“Traballadores do mar enfrentados. A reforma pesqueira é necesaria”. Eis a apertura do número 0 da etapa moderna do semanario nacionalista A Nosa Terra. Máis abaixo, a loita contra a cota empresarial. En internacional, o carácter presidencialista da Generalitat e a viaxe de Anwar el-Sadat a Israel. E a nota que daba conta do que pasaba: “Nace un periódico galego”.
 

IMG_8322
SOCIAL

“O xornalismo feminista é o único xornalismo honesto”

Nace o colectivo Xornalistas Galegas co fin de defender un feminismo de clase no sector

perfecto conde 3
Perfecto Conde, xornalista

“Si houbo conivencia entre o narco e a política. Poño o exemplo do actual presidente da Xunta”

Perfecto Conde (Xinzo, A Pontenova, 1943) é un dos reporteiros con máis quilómetros e páxinas no lombo. Investigou para El País, Interviú, Teima ou A Nosa Terra. En 1991 publicou un libro pioneiro, que aínda debe consultar todo aquel que escribe sobre o narcotráfico en Galiza.

 

O extraordinario valor de ter un xornal en galego

Manuel Lueiro Rey
SOCIAL

Convocada a II edición do premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey

O prazo de presentación rematará o día 30 de xuño de 2018.

Desertización

soraya senado
REVISTA DE IMPRENSA

Leccións de xornalismo de Soraya Sáenz de Santamaría

Controla o CNI e neste momento non poucas voces ven a súa man detrás de El País. Encarnizada rival de Feijóo pola sucesión de Rajoy, ofereceu esta quinta feira toda unha lección de xornalismo, durante a inauguración da xornada O fenómeno da desinformación na era dixital. Olla con inquietude a rede e os meios dixitais. Boa parte da desinformación fabrícana precisamente os seus meios amigos.

o diario galego 1 imaxe de Xan Muras
3.000 subscritoras para-un xornal en papel en 2019

Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’

Persoas do grupo impulsor, representantes de diferentes organizacións e entidades do tecido económico, social, cultural e político do país asistiron ao acto de presentación das liñas básicas do proxecto, un xornal diario, que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019.

_MG_0089
O xornal que Sermos proxecta lanzar en 2019

'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social

Publicamos as 175 persoas, a título individual e colectivo, que pulan polo lanzamento do novo xornal, que verá a luz en 2019 co nome O diario galego.

Suso de Toro a 670.
Suso de Toro / Escritor

“En 'Cinco Feiras' gustaríame non escribir de política”

Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) regresa, de forma regular, á prensa galega. Faino coa sección Cinco Feiras, que publicará cada día da semana no dixital Sermos Galiza. A piques de estrear novela -Fóra de si, en Xerais- despois de sete anos de silencio, tamén cociña un ensaio sobre as razóns da literatura. “Non sei estarme quieto”, confesa divertido.

Screen Shot 2018-01-05 at 10.57.09
MEMORIA E HISTORIA

1812: aparece o primeiro texto xornalístico en galego [por Xoán Costa]

concentración Compostela (2 de xaneiro 2018)
SOCIAL

O Colexio de Xornalistas esixe que o caso de Diana Quer sexa tratado como violencia machista

A raíz da detención do asasino confeso de Diana Quer, son moitas as entidades sociais que expresan publicamente a súa condena, entre ellas o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A entidade vén de difundir un comunicado esta cuarta feira para demandar que os medios traten o caso da moza como un “episodio de violencia machista”.

María_Luz_Morales
Nacía hai 120 anos

María Luz Morales Godoy, a primeira muller en dirixir un xornal

A Coruña acollía o 1 de xaneiro de 1898, hai hoxe 120 anos, o nacemento de María Luz Morales Godoy, a primeira muller en dirixir un xornal no Estado español. Acusada de pertencer ao Partido Galeguista, foi encarcerada e inhabilitada para exercer o xornalismo.

Xoán Carlos Domínguez Alberte
Xoán Carlos Domínguez, premio Lueiro Rey de xornalismo

"Non estaremos nunha democracia real até que a dereita repudie o franquismo"

O artigo O segredo mellor gardado levou a primeira edición do premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey do Concello de Fornelos de Montes. É obra do escritor e colaborador de Sermos Xoán Carlos Domínguez Alberte (Ramirás, 1966). Cunha prosa tensa, repasa a vida dun avó que combateu por defender as liberdades, "a xustiza social e os seus inmorrentes ideais".
 

Armando Requeixo
ARMANDO REQUEIXO, PREMIO REIMÓNDEZ PORTELA

"A cultura é a columna vertebral dun pobo"

A sinatura de Armando Requeixo é presenza habitual en suplementos, revistas e xornais, sempre e cando se escriba sobre literatura galega. A pasada sexta feira, o seu labor de divulgación e crítica era recoñecido co premio Manuel Reimóndez Portela da Estrada na súa viséximo segunda edición. "No xornalismo cultural traballamos con materia altamente sensíbel", indica a Sermos, "porque a cultura é a columna vertebral dun pobo".

Cando a prensa fai propaganda, algúns políticos deberían facer xornalismo

mariaob2
CULTURA

María Obelleiro, directora do semanario, gaña o Xohán Carballeira de xornalismo

A directora do Sermos en papel, María Obelleiro, vén de acadar o XIV Premio Xohán Carballeira de Xornalismo do Concello de Bueu, que tamén recoñeceu -ex aequo- outra reportaxe de Montse Dopico na revista Luzes.