star
Reportaxes
A poesía de Luísa Villalta: a emoción crítica
10/maio/24
A de Luísa Villalta en En concreto foi unha procura lúcida e teimosa, a do segredo da historia colectiva e a do ser íntimo através dunha viaxe aos infernos que é tamén rumbo de fusión da poeta coa Cidade. A imaxe visionaria e a ollada expresionista constitúen claves importantes da singularidade deste libro, unha publicación decisiva no panorama actual da poesía galega.