Os datos de sinatura de hipotecas sobre vivenda referendan a dificultade que a poboación galega está sufrindo para poder acceder á vivenda debido ao endurecemento do acceso ao crédito. Porén, a caída menor da compravenda de vivendas certifica que as rendas máis altas si teñen a posibilidade de acceder á compra.
Os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que na Galiza cada vez se asinan menos hipotecas para a compra e venda de vivendas. No sector inmobiliario apuntan ao Euribor mentres algunhas voces demandan empregar a vivenda protexida para facilitar o acceso á poboación.
En xaneiro asináronse 8,6% hipotecas menos que no mesmo mes de 2022, mentres no conxunto do Estado español aumentaron por volta de 2,9%. O tipo de xuro medio fica en 2,65%, cun prazo de 25 anos.
Cun novo banco estadounidense en perigo de quebra, o First Republic Bank, e coa inflación en máximos históricos, entidades como o BCE e a OCDE coinciden en continuar nunha folla de ruta consistente no endurecemento monetario. O Consello de Supervisión do BCE reuniuse esta sexta feira con carácter urxente para analizar a situación financeira na zona euro.
O Goberno portugués agarda aprobar no lexislativo unha mudanza no sistema de alugueres do país, cunha maior presenza pública para acabar cunha alza de prezos que dificulta cada día máis o acceso da cidadanía á vivenda.
"O sector bancario da zona do euro ten capacidade de resistencia e posicións de capital e de liquidez sólidas", aseguran desde a entidade fronte á caída de dous grandes bancos estadounidenses e a delicada situación que atravesa en Europa Credit Suisse.