![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
18/maio/23 - 10:16
Actualizado: 18/maio/23 - 10:27
Unha árbore caída sobre a vía do tren en Moeche (comarca de Ferrolterra) impediu o paso dun convoi e afectou o tráfico ferroviario na liña Ferrol-Ribadeo nas últimas horas, aínda que o devandito tráfico quedou restabelecido pouco despois e non se rexistraron feridos entre os pasaxeiros, que puideron continuar a súa viaxe noutro tren. A alerta saltou cando un dos pasaxeiros contactou co CIAE 112 Galiza para alertar de que o tren de liña estreita no cal viaxaba se detivo.