![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
07/dec./23 - 17:58
A capital de Romanía, Bucarest, pasou a selo tamén do taekwondo continental, pois acolle desde onte e até o próximo domingo, día 10 de decembro, unha nova edicion do Campionato de Europa Sub-21 desta arte marcial. En total foron nove as taekwondoin galegas que se desprazaron até o país dos Cárpatos: Helena García (-73, Dobok), Samuel Meilán (-58, Tao), Silvia Otero (-49, Mat´s), Noa Romero (-49, Natural Sport), Desi Rivadulla (-73, Suh), Irene Montemuiño (-62, Natural Sport), Adrián Salanova (-68, Maniotas), Sergio Troitiño (-87, Mat´s) e Javier Otero (-54, Kae), que puideron ser 10 de non ser pola lesión de Mateo Boudjenane.