A Galiza pecha xaneiro con oito mortes en accidentes de tráfico, tres máis que hai un ano

A Galiza rexistrou un total de oito mortes en accidentes de tráfico en xaneiro, tres máis que as cinco que se produciron no mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) esta quinta feira. O mes de xaneiro de 2024 finalizou con 82 sinistros mortais rexistrados nas estradas estatais nos que perderon a vida un total de 93 persoas, o que representa 18 mortes máis que no mesmo mes do ano anterior.
Accidente de tráfico en Baltar (Foto: Garda Civil de Tráfico).
photo_camera Accidente de tráfico en Baltar (Foto: Garda Civil de Tráfico).
Comentarios