Rei Zentolo dedica unha camiseta a Ana Pontón

Os populares deseños de Rei Zentolo son coñecidos en todo o país, e á súa colección suman esta cuarta feira unha camiseta dedicada a Ana Pontón que hoxe lle entregaron en persoa á candidata do BNG á Presidencia da Xunta. "Canta ilusión me fai isto, nunca imaxinei quedar retratada nuns dos seus deseños", dixo Pontón a través das redes sociais, compartindo o deseño personalizado.
A camiseta que Rei Zentolo dedicou a Ana Pontón.
photo_camera A camiseta que Rei Zentolo dedicou a Ana Pontón.
Comentarios