Así e a nova lectura da obra de Granell que fai Abraham Pérez

Presenta a intervención 'Só nos sobrevivirán os nosos acenos' esta terza feira en Compostela.
Abraham Pérez.
photo_camera Abraham Pérez.

Esta terza feira, 14 de maio, ás 19 horas, terá lugar a intervención artística Só nos sobrevivirán os nosos acenos, do poeta lucense Abraham Pérez, dentro da actividade "A miña peza favorita", da Fundación Granell de Santiago de Compostela, un ciclo que se iniciou no ano 1997 e que consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte da colección da Fundación, para que o invitado elabore un comentario cunha nova visión desde unha perspectiva actual.

Nesta ocasión, Abraham Pérez e a Galería Néboa de Lugo, seleccionaron as pezas Así é como o museo asasina ao artista, de Eugenio Granell (1981) e Nazis brindando, de Saul Steinberg (1940) dos fondos da colección Eugenio Granell, xunto cunha selección de poemas de Abraham Pérez e o manifesto poético Incursión diagonal.

Abraham Pérez

Abraham Pérez (Lugo, 1990) é escritor. Autor da novela O paso en falso (Galaxia, 2023), do ensaio Sacho de seda (Menino Morreu, 2023) e dos poemarios o corpo transparente das horas (Galaxia, 2022), unha teoría para os espectros (Toxosoutos, 2021) e Fragmento/Creba (Galaxia, 2020).

No ano 2022 acadou o accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía pola súa obra toxicidade. Foi un dos artistas seleccionados para desfrutar da Residencia Artística Mariñán de literatura e pensamento no ano 2022 convocada pola Deputación da Coruña; e da Residencia de creación literaria Illa de San Simón no 2023, convocada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta da Galiza. Amais, ten colaborado con distintos medios e revistas especializadas como  Grial, Luzes, Praza Pública, Dorna: expresión poética galega ou Xistral, entre outras. A súa obra está recollida en distintas antoloxías.

Máis en CULTURA
Comentarios