AELG exixe respecto á memoria das protagonistas do 17 de maio

Oponse a "calquera intento de manipulación ou distorsión"
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
photo_camera A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de facer público un comunicado no que reivindica o respecto á memoria literaria e persoal das persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas fronte a calquera intento de manipulación da súa obra.

AELG fai fincapé en que Luísa Villalta fixo parte da asociación e en que mesmo integrou o seu Consello Directivo entre 1993 e 2002, para expresar a súa oposición a "calquera intento de manipulación ou distorsión", e reivindicar a lectura atenta da súa obra.

 AELG reproduce un artigo da propia Villalta -publicado no semanario A Nosa Terra en 2003- no que a autora se rebela contra a apropiación da figura de Avilés de Taramancos no ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

"Eis para que serven os libros, sobre todo aqueles definitivamente pechados, clasificados e bendecidos co marchamo institucional de benfeitores da patria: póñense baixo a pata problemática, se dan a medida xusta, mellor, e se sobra volume, quítaselle o que faga falta, porque, de non chegaren, abondaría cun prólogo do señor Fraga Iribarne", escribía Villalta.  

Comentarios