Moderado pola xornalista Fernanda Tabarés, o obxectivo do coloquio é “coñecer cal é o compromiso político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás eleccións municipais”. Os organizadores denuncian ademais a “flagrante falta de democracia participativa, transparencia e convocatorias públicas de acceso aos recursos”.
Este II Encontro pola cultura dá continuidade ao do pasado 16 de novembro, que rexistrou “un éxito de convocatoria”.
A cita promóvena o colectivo Caín, o Aténeo Atlántico, a agrupación Amig@s do Marco, a asociación de artistas de Galiza A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual.