O Barbanza celebra a súa Romaría das Letras: consulta aquí a programación completa

A música desta xornada festiva das Letras Galegas no Barbanza correrá por conta dos Melidaos e DJ Misa pola tarde e Alana Trío ao mediodía.
Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos presentarán o seu libro en Goiáns. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos presentarán o seu libro en Goiáns. (Foto: Nós Diario)

O Pazo de Goiáns de Boiro acolle este 17 de maio a XIII edición desta romaría. A feira artesá e literaria terá ademáis outras actividades coma unha exposición dedicada a Luísa Villalta, roteiros, un obradoiro de ourivería, bailes e presentación de libros galegos, coma o Alma de Violino, editado por Xerais, das autoras Beatríz Maceda e Eli Ríos con ilustracións de Laura Suárez, entre outras moitas actividades.

A música desta xornada festiva das Letras Galegas no Barbanza correrá por conta dos Melidaos e DJ Misa pola tarde e Alana Trío ao mediodía. Tamén haberá baile dos grupos Xilbarbeira, Abanqueiro, Pedra da Aroña e Abeloura e un espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo nos xardíns do pazo.

Programación

11:30 h Apertura recinto e recibimento de participantes da XIII Romaría das Letras no Barbanza con 17 bombas de palenque

12:00 h Apertura de:

• Feira artesá e literaria
• Fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira
• Exposición dedicada a Luísa Villalta, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2024
• Obradoiro de ourivería con Susi Gesto

12:00 h Baile galego na eira do Pazo coa A. C. Pedra da Aroña e grupo de baile de Abanqueiro

12:30 h Roteiro botánico pola leira do Pazo de Goiáns a cargo de Xulio Gutiérrez Roger

13:30 h Concerto no xardín do Pazo a cargo de ALANA trío

14:30 h Xantar popular

16:00 h Apertura institucional e presentacións literarias no interior do pazo:

• Presentación literaria infantil: CARME E A SEREA MARIÑA, de Ana Rial (Editorial Cuadranta) e paseo teatralizado para público familiar pola leira de Goiáns a cargo de Marta Ríos
• Presentación do libro IRIBARNE, de Ester F. Carrodeguas. (Edicións Positivas)
• Presentación do libro ALMA DE VIOLINO, das autoras Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez (ilustradora). Edicións Xerais

18:00 h Baile galego na eira do Pazo: Xilbarbeira e Abeloura

18:30 h Espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo no xardín do Pazo

19:00 h Concerto de Os MELIDAOS na eira do Pazo

20:30 h Dj Misa (100% en galego) no xardín do Pazo

22:00 h Remate da XIII ROMARÍA DAS LETRAS NO BARBANZA

Máis en CULTURA
Comentarios