“Este espectáculo de narración oral diríxese ás crianzas -a partir de tres anos- e ás súas familias”, explican os promotores do acto.
A propia contadora, tamén actriz, define o seu traballo e os propósitos da Maleta da avoa: “Desde pequena escoitaba os contos da avoa de mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da ávoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo...”.