Farán parte do programa escritores e escritoras ben expertos practicantes do xénero -Domingo Villar, Pedro Feijóo-, ben os que realizaron incursións ocasionais -Manuel Rivas, Bieito Iglesias. Na iniciativa colaboran, amais da propia Libraría Pedreira, 37 estabelecementos do barrio. Algúns deles ofrecerán actividades relacionadas co xénero negro policial.
Mais en realidade a Semana de Novela Negra conta xa cun prolegómeno. Da man do escritor Héctor Cajaraville, un misterio atravesa San Pedro. Polos locais e comercios colaboradores, unha serie de pistas orientan ás que queiran participar para resolver unha serie de crimes “cun modus operandi moi específico”.
“Só queremos que nos axude a descubrir cando e onde se cometerá o seguinte crime, e anticiparse a el”, indican desde a organización. E para iso, “unicamente debe sinalar a resposta que crea correcta, así como o seu nome e apelidos ou pseudónimo” por correo electrónico en [email protected] ou por whatsapp no 698181833. Haberá premio a primeira persoa que o adiviñe e sorteos entre as que adiviñen pero non de primeiras.