As primeiras funcións de Chamádeme Simbad serán dirixidas a público exclusivamente escolar. Non será até xuño, “unha vez finalizada a xira por colexios”, que a obra se abra “ao público familiar”.
Dez edicións e a súa inclusión na Lista de Hontra do IBBY, traducións a varias linguas e “mlleiros de exemplares vendidos”, o traballo de Castro “é un dos clásicos da literatura infantil e xuvenil en lingua galega”, segundo a súa editorial. “Mais, por enriba de todo, Chamádeme Simbad acadou unha gran sona como ferramenta para a visibilización do Alzhéimer entre os máis pequenos”, engade Galaxia.