Falece o actor e dramaturgo Gustavo Pernas, figura fundamental do teatro galego

gustavo pernas
photo_camera gustavo pernas

Gustavo Pernas (Viveiro, 1959), unha das figuras fundamentais do teatro galego das últimas décadas, faleceu esta segunda feira aos 58 anos de idade.

Como lembra Erregueté, Revista do Teatro Galego, Pernas estaba dedicado profesionalmente ao teatro dende 1985, no ano 1989 fundou con Anxela G. Abalo a compañía de teatro Áncora Producións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. 'O galego, a mulata e o negro' –pola que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático sendo nominado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo–, 'Ladraremos' –Premio María Casares de Teatro ao Mellor Texto Dramático Orixinal, –, 'Fábula' –nominada en seis apartados nos Premio María Casares de Teatro–, 'Anatomía dun hipocondríaco', 'Paso de cebra', '… son só alguns dos títulos que dirixiu e puxo en escena.

Pernas tamén foi autor de relatos e guións de televisión e realizador de curtametraxes, actor e director de dobraxe, colaborador en distintos programas de radio e participou na publicación do Proxecto para a Escola Superior de Arte Dramática de Galiza. Na actualidade impartía clases na Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

En 2008 foi recoñecido co Premio Roberto Vidal Bolaño pola súa traxectoria artística xunto a Anxela G. Abalo e Ancora Produccións.

Máis en CULTURA
Comentarios