O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM), decano dos festivais folk galegos, chega este ano á súa XXXVIII edición de modo ininterrompo.
Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 29, 30 e 31 de xullo de 2022.
Logo de dúas edicións marcadas pola situación sanitaria derivada da pandemia, que obrigou a tomar medidas restritivas en canto a aforamento, distanciamento social, etc, esta edición preséntase como “a da volta á normalidade do FIM.
Deste modo, o certame recupera o seu formato tradicional, onde o público “poderá gozar dos concertos e das actividades paralelas sen colas, sen restricións de acceso e, de balde, como viña sendo habitual”.
A XXXVIII edición do FIM, tamén será a da volta das e dos artistas internacionais: Elephant Sessions (Escocia), Yves Lambert (Quebec) e Kathryn Tickell (Northumbria), nun cartel de seis concertos completado polas formacións galegas Treixadura, Xurxo Fernandes e Os d’Abaixo.
Paralelamente aos concertos, tamén se levará a cabo a primeira edición de A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, con cartel propio que contará con expositores, obradoiros, desfiles e actuacións musicais e de danzas tradicionais, organizada pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña.