O fotógrafo galego Iván Nespereira presenta a mostra 'Calcaria' en Italia

A mostra do fotógrafo ourensán cuestiona a espiritualidade do Camiño de Santiago.
Traballo do fotógrafo Iván Nespereira (Foto: Nós Diario).
photo_camera Traballo do fotógrafo Iván Nespereira (Foto: Nós Diario).

A Galería Matria inaugurará mañá en Milán "Calcaria", a primeira exposición individual do artista galego Iván Nespereira (Ourense, 1978), que estará aberta até o 10 de xullo. Fotógrafo e realizador independente, o ourensán destaca polos seus proxectos documentais a longo prazo que exploran temas como a xeografía, a historia e os procesos culturais. Na súa obra, o artista examina o concepto de "manipulación das cousas e do espazo", observando como os individuos arraigan e constrúen o mundo que lles rodea, apropiándose e colonizándoo de diversas formas.

A súa exploración pon de relevo as prácticas de adaptación e o proceso de recoñecemento social dentro das contornas urbanas. A través das obras expostas nesta mostra, Nespereira percorre nunha viaxe exploratoria a través dos múltiples aspectos do Camiño de Santiago, desde as súas raíces históricas até o descubrimento de novas perspectivas e rituais. 

A espiritualidade do Camiño cuestionada 

"O propósito de Calcaria é cuestionar a espiritualidade do camiño e os seus diversos significados, centrándose nel como un traxecto, un camiño para proporcionar materia prima para a construción da Catedral", explica o fotógrafo ourensán.

Para Nespereira, coa súa obra ten a intención de "ir máis aló do evidente e enfocarse nese primeiro xesto iniciado por algún peregrino ao transportar pedras dun lugar a outro". 

Na actualidade, Nespereira traballa en 30122, un proxecto que iniciou en 2007, baseado na

Carta Xeométrica da Galiza publicada por Domingo de Fontán (1817-1834), que mostra a través de fotografías e vídeos.

Máis en CULTURA
Comentarios