A Galiza estará no festival escénico de Barcelos

O Festival Internacional de Teatro em Línguas Minoritárias (Língua) de Barcelos contará con participación escénica e musical da Galiza.
Teatro de Ramboia (Foto: Nós Diario).
photo_camera Teatro de Ramboia (Foto: Nós Diario).

Barcelos (no distrito de Braga) recibe esta fin de semana o Festival Internacional de Teatro em Línguas Minoritárias (Língua), organizado pola compañía Teatro de Balugas (entidade adherida á Rede da GaliLusofonia) e o Clube Unesco para a Salvaguarda do Teatro em Línguas Minoritárias.

O evento decorrerá no Theatro Gil Vicente e abrirá esta sexta feira coa obra O Milagre das Cruzes.

O sábado, a Galiza será protagonista coa obra O Meu Mundo non é deste Reino, do Teatro da Ramboia.

Ademais, a presenza galega será tamén musical co espectáculo tradicional do grupo A Ponte Vella da parroquia de Reis, en Teo (comarca de Santiago), e un concerto do proxecto "Sons de Barro" da Banda Musical de Oliveira.

Máis en CULTURA
Comentarios