Duarte foi ademais ministra de Educación e é xuíza de oficio. Non só practicou a poesía: en 2003 publicou a novela A candidata (2003) e catro anos despois o ensaio Construíndo a utopia (2007).
O último libro de Lucía Novas, Cervatos (Faktoría K, 2017), é un dos máis celebrados da poesía galega recente. Antes dera ao prelo Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001) e Neve (Espiral Maior, 2010). “É hoxe un dos nomes da poesía galega do novo milenio”, explica a organización do recital.
O acto será ás 20.30 horas no centro Ágora da Coruña. Haberá á venda libros das poetas, dispoñibilizados por “unha libraría de proximidade”. Poetas Di(n)versos, dirixido pola poeta Yolanda Castaño para o Concello da Coruña, celébrase unha vez ao mes.
Nota: a poeta caboverdiana Vera Duarte.