Morre aos 68 anos o actor Ángel Salazar, intérprete de 'Chi Chi', o amigo de Tony Montana en 'Scarface'

O actor cubano-estadounidense Ángel Salazar, coñecido por interpretar a 'Chi Chi', o amigo na ficción de Al Pacino na película Scarface, faleceu este domingo aos 68 anos de idade, segundo indicaron os seus representantes a The New York Times.
Ángel Salazar e Al Pacino nunha secuencia de 'Scarface'. (Foto: Scarface)
photo_camera Ángel Salazar e Al Pacino nunha secuencia de 'Scarface'. (Foto: Scarface)

O actor cubano-estadounidense Ángel Salazar, coñecido por interpretar a 'Chi Chi', o amigo na ficción de Al Pacino na película Scarface, faleceu este domingo aos 68 anos de idade, segundo indicaron os seus representantes a The New York Times.

Salazar morreu no apartamento dun amigo en Nova York (Estados Unidos) e polo momento descoñécense as causas do seu falecemento, aínda que o seu representante, Roger Paul, informou de que o actor padecía problemas de corazón.

Coñecido a nivel mundial desde que en 1983 dese vida ao personaxe de 'Chi Chi' en Scarface, amigo na ficción de Tony Montana, interpretado por Al Pacino, a súa carreira inclúe títulos como Punchline (1988) e Carlito's Way (1993).

Fuxiu a nado de Cuba

O actor naceu en 1956 en Cuba e na década dos 70 fuxiu cara aos Estados Unidos nadando pola baía de Guantánamo até a base naval americana, desde onde foi enviado a Miami e despois a un fogar de acollida no Bronx (Nova York).

Con 18 anos, e diante das dificultades para atopar un traballo como actor, probou sorte nos clubs de comedia de Nova York, onde comezou a súa carreira, como rememorou o xornal norteamericano no artigo sobre o deceso do actor.

Comentarios