AUTORA DE ‘MATAR UN REISEÑOR’

Morre Harper Lee

Só publicou dous libros hai máis de 50 anos e non volveu escribir máis. Pero o ‘Matar o reiseñor’ fíxoa gañar o Pulitzer, vender máis de 30 millóns de copias e convertela nunha referencia da literatura norteamericana.

harperlee
photo_camera Harper Lee

Harper Lee (Monroeville 1926 - Monroeville 2016) morreu esta sexta feira no mesmo lugar que a viu nacer, unha vila de Alabama cuxa sociedade racista tan ben describiu en ‘Matar un reiseñor’ (1960) e en ‘Vai e pon un centinela’, unha secuela da anterior que foi publicada en 2015.

Amiga de Truman Capote na infancia, sempre se mantivo afastada da atención mediática que lle deu ‘To kill a mockingbird’. Grazas a este ‘best-seller’, clásico xa da literatura norteamericana, gañou o premio Pulitzer ao ano seguinte da súa publicación. E en 1962 foi levado cinema por Robert Mulligan nun filme co mesmo título que lle valeu o Oscar de mellor actor a Gregory Peck. Foi traducido a máis de 40 linguas e vendeu máis de 30 millóns de copias en todo o mundo. 

Lee volveu ser noticia o ano pasado ao recuperarse ‘Go set a watchman’, unha obra previa a ‘Matar a un reiseñor’ que a autora cría perdida e que foi publicada máis de 50 anos de ser escrita, logo de ser rexeitada por varias editoriais no seu tempo. Este regreso supuxo un dos acontecementos literarios de 2015. 

Comentarios