A Ínsua dos Poetas, no Carballiño (comarca homónima), acolle este sábado, 13 de xullo, a entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso de micro-relatos de OzocoGZ, que este ano chegou á súa XII edición.
O acto, que decorrerá a partir das 18 horas no anfiteatro ao aire libre existente neste lugar da localidade de Esgueva, contará coa presenza do escritor e profesor Miguel Anxo Fernández e as actuacións musicais de Francisco Castro, Daniel Figueroa, David G. Gándara e Alexandre Cabanelas.
Premios
O gañador esta edición do concurso de micro-relatos foi Revelacións, presentado co pseudónimo Totó, baixo o que se agochaba o nome de Víctor Pérez Estévez. Resultou finalista o micro-relato Casabranca, presentado co seudónimo Carpanta, baixo o que se agochaba o nome de Óscar Manuel Guz-mán Álvarez.
A relación entre cinema e literatura foi a temática elixida por OzocoGZ para esta edición. Como cada ano, os premios serán produtos da propia empresa convocante do certame, así como libros en galego de diferentes editoriais.