Mercedes Peón, Yolanda Castaño, Dores Tembrás e Janet Novás uniron as artes polas Letras Galegas

O Teatro Colón da Coruña acolleu onte a gala das Letras Galegas organizada pola área de Lingua da Deputación.
gala letras galegas deputación colón
photo_camera (Foto: Deputación da Coruña)

O Teatro Colón da Coruña acolleu onte a gala das Letras Galegas organizada pola área de Lingua da Deputación: unha cita que formaba parte da súa campaña para homenaxear Luísa Villalta, a autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

gala colón 2

A gala estivo conducida polas poetas Yolanda Castaño e Dores Tembrás, que fixeron a súa particular homenaxe a Villalta tomando como punto de partida o prólogo de A música reservada, o primeiro poemario publicado pola autora.

A partir de aí, seis artistas inspiráronse para compoñer pezas musicais e performativas que dialogan intimamente co corpo e co mundo sonoro da escritora. 

A coreógrafa e bailarina Janet Novás realizou unha performance; a compositora Mercedes Peón e a intérprete Elena Vázquez Ledo, un espectáculo conxunto, do mesmo modo que o compositor Hugo Gómez-Chao e a soprano solista Adriana Aranda. Eva Vieites tamén subiu ao escenario para facer unha performance, nunha xornada que contou coas actuacións do cuarteto de arpas célticas Lulavai e da Orquestra Infantil da Sinfónica da Galiza.

gala colón 3

O acto no teatro coruñés fai parte da programación que a Deputación da Coruña impulsou co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luísa Villalta.

Máis en CULTURA
Comentarios