Que facer?

Queres ver o batería de The Ramones en Malpica de Bergantiños?

Ocasión única para gozar de rock do bon desde a exuberancia dos Herdeiros da Crus e a diplomacia bravú do lendario combo de Xurxo Souto até o toque punk de Marky Ramone, o único supervivente da mítica banda.

Marky Ramone
photo_camera Marky Ramone

Sábado.

Malpica de Bergantiños. Nordestazo rock. Con Herdeiros da Crus, Marky Ramone (único membro en activo do mítico grupo The Ramones, do que foi batería), Os Diplomáticos de Monte Alto, Bastards, Agoraphobia, Blunk

A sesión vermú, por volta das 15 horas, acollerá os directos das bandas The Phantom Dragsters (Ourense), True Mountais (Viveiro) e Serj (Vimianzo).

Haberá tamén degustación en foodtrucks ou clases de surf e un concurso de maquetas.

Lalín. Pazo de Liñares. 20.30 horas. Estrea da obra musical Alba de Gloria, de Rogelio Groba, peza tributo a Castelao. Coa Orquestra de Cámara Galega.

Toda a fin de semana

Pontevedra. Exposición Meu Pontevedra. Castelao 1916-1936. No Museu de Pontevedra (sexto edificio, rúa Padre Amoedo 3). Estará aberta até o 11 de setembro.

Máis en CULTURA
Comentarios