Que Facer?

Rock in Carballo para abrir boca!!

Comeza forte a finde, cun festival de rock en Carballo. E de balde!!

Sexta feira

Carballo. 21 horas. Rego da Balsa. Festival Rockin' Carballo. Tocarán Sex Museum, Los Bengala, Nave Nodriza, Tachenko, Aula 11-Antondj

Oia. Torreiro de Santa María de Oia. Festival Costa dos Castros. Visitas arqueolóxicas e históricas, xogos populares e moito folk con Xerome, Quempallou, Böj, Laroá e Zurrumalla.

Sábado.

Compostela. 22 horas. Xornadas nacionais de Isca. Concerto na Praza 8 de Marzo, con Nao, Poetarras e Trapallada.

Mazaricos. 21 horas. Auditorio da Casa da Cultura. O actor e humorista Federico Pérez xoga na casa ao apresentar o seu espectáculo Ración de Breogán dentro da programación Cultura no Camiño.

Cambre. 20 horas. Parque da Igrexa. A compañía Mamá Cabra trae para os máis pequenos de casa o seu espectáculo 15 primaveras, no que fai un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións.

Máis en CULTURA
Comentarios